Mércores, 11 Mai 2022 18:14

MESA REDONDA SOBRE A OBRA LIBRE COMA OS PAXAROS

3 de maio

Con motivo do Día das Letras Galegas, consideramos oportuno aceptar a proposta do escritor Lois Diéguez, ex-presidente de Lugo Patrimonio, de organizar unha mesa redonda, previa á representación que terá lugar en Lugo o día 19 de maio, sobre o monólogo dramático do que é autor o director Xulio Lago, interpretado por María Barcala.

Participaron a profesora Pilar García Negro, a actriz María Barcala, o director e autor da obra, Xulio Lago e como moderador Lois Diéguez, que abriu as intervencións facendo unha reflexión sobre o impacto que sobre o comportamento das persoas está tendo o avance tecnolóxico, especialmente o das comunicacións, que nos está deshumanizando, porque falar coas persoas, mirando aos ollos antes era o natural, agora falamos ás máquinas, e referiu que nunha sala de espera mentres el lía nun libro os demais pasaban o tempo co móbil. Viu no ordenador o anuncio da obra Libre coma os paxaros e foi vela e quedou prendado da interpretación, da iluminación e da escolma de textos en prosa e verso de Rosalía, en galego e castelán feitos por Pilar García Negro e Xulio Lago, considerando que para a actualidade do país esta obra sería representativa.

Pediulle a Pilar que contextualizara a razón de escoller textos en galego e castelán, e a profesora experta na obra da escritora xustificouno no feito de que a obra Libre coma os paxaros, título dun poema, está montada sobre a personalidade de Rosalía, galega escritora e escritora galega. Escribir en español no século XIX era un automatismo, pero tamén escribía para revistas de fóra de Galicia e recibía por iso unha compensación económica. Instálase este paradigma por un proceso de imposición. Evidentemente había literatura galega antes de 1863 cando se publica Cantares gallegos, o que supón unha revolución. Rosalía é a escritora que inaugura a literatura galega contemporánea, tamén é o inicio do ensaio galego con escritos en prosa, pero en Soto Freire publica en español El caballero de las botas azules, porque era unha profesional da literatura. A obra reflicte este retrato de Rosalia.

Fixado o contexto, Lois preguntoulle a Xulio Lago si lle dera moito traballo crear a obra. Ao que lle respondeu facendo primeiro unha referencia ao entusiasmo de Lois por ser creador de mundos máxicos coa obra. A idea partiu dun convite para participar no certame Festival internacional de Monólogo Teatral de Narón, e María Barcala propúxolle facer algo sobre Rosalía, xa que desde hai dez anos fan recitais poético musicais e de aí naceu a idea. Para iso recolleu a escolma que tiña feito había anos e que non se chegara a facer, documentándose é contando coa colaboración de Pilar García Negro para facer unha escola poética e narrativa, neste caso é un monólogo dramático. Explicou que todo o que se fai nun escenario colle outra dimensión, pensou en poñer imaxes e acompañar a actriz cun músico, pero non lle convencía o resultado, así que decidiu prescindir deses dous recursos.

A María Barcala preguntoulle Lois pola súa capacidade para estar unha hora recitando seguido, unindo distintos poemas e textos. Ela dixo que era unha actriz, que levaba corenta anos traballando, experiencia que lle permitiu adquirir unhas ferramentas, estando habituada a traballar con textos. Neste caso non había un texto rematado o que daba lugar a ir cambiando vendo como resultaba, había que facer dese texto que fose dela. Sinalou que hai un pacto entre o espectador, que vai ao teatro para que o consiga enganar o actor a través da interpretación, transmitir que os textos teñan forza. É a cuarta vez que fai un traballo rosaliano, e polo mesmo xa tiña experiencia. Un dos problemas co que se atopa e que debido á iluminación ela non pode ver ao público, fala con el sen poder velo, o que non lle gusta. Rematou dicindo que tiña a sensación de que traballara toda a vida para facer este monólogo sendo a primeira vez que fai un traballo en galego e castelán e que había un tabú en falar do traballo de Rosalía en castelán. Rematou o acto facendo un recitado da obra.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO