Xoves, 10 Marzo 2022 19:55

Conferencia de Claudio Otero Eiriz sobre A industria galega dos curtumes

14 de decembro

A temática desta conferencia está relacionada co Patrimonio Industrial, ao que vimos dedicando a nosa atención, que completaremos cunha viaxe a Allariz no mes de abril de 2022, para ver as aldeas fábricas do curtido de Vilaboa e a Acea de Meire; Augas Santas e Armeá.
O conferenciante definiu o que é unha fábrica de curtumes para despois pasar a dicir que Galicia a día de hoxe non dispón dun catálogo ou inventario de patrimonio industrial, e só moi recentemente ven de incluído como unha categoría singularizada do patrimonio cultural.


Pasou a continuación a analizar o patrimonio industrial galego dos curtumes desde catro perspectivas diferenciadas, aínda que complementarias: as paisaxes industriais, a memoria do traballo, os bens técnicos de produción e o patrimonio arquitectónico.
Unhas e outros testemuñan que a actividade de transformación das peles en coiros deixou un patrimonio industrial extenso e singular, que merece ser incluído no acervo do patrimonio cultural de Galicia, do mesmo xeito quer as catedrais, os castelos ou os `pazos.
Esta industria comezou a desenvolverse no último cuarto do século XVIII na Coruña e Ferrol, e despois no resto do territorio. Un de cada catro concellos tiña fábrica de coiros. En Santiago e Allariz formáronse conxuntos ou aldeas dando lugar a unha paisaxe industrial que non ten que ver coa inglesa da fundición e da louza, ou a da minería asturiana.
Explicou os tipos de aldeas que clasificou en lineal, en grupo de varios curtidoiros ou na beira dun río, caso dos dous da Chanca en Lugo. Nas aldeas é habitual que esta industria se compatibilice con outras actividades agrarias, onde o empresario  é ao mesmo tempo traballados. Estamos pois ante unha sociedade industrial de baixa intensidade.
Én un traballo penoso, non só polo cheiro senón tamén para a saúde pola utilización de produtos químicos sen protección. Finalmente detívose en describir as construcións e os materiais empregados, xeralmente os propios do lugar, empregándose o granito para os pilos e no oeste do edificio e a lousa no leste. Na planta baixa facían as dúas fases do proceso, e despois estaban o secadoiro. De 250 fábricas de este tipo que había en Galicia só quedan 3.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO