Mércores, 09 Febreiro 2022 17:35

Conferencia do museólogo Felipe Senén López, “O mar de Muros e Noia. Antoloxía histórica da Galiza mariñeira”

8 de febreiro do 2022

Con esta conferencia iniciáronse as actividades do ano 2022, previa a viaxe que se fará o día 12 de marzo. Admirador da obra de Vicente Risco, do que mencionou un dos seus pensamentos, que as cousas son a segun, no contesto do espazo, do tempo. Hai un espírito que quen o dá é a cultura, viaxar, ver, que é o que nos dá capacidade de relación, de comparación. Os espazos, os contextos, coa andaina, contrastando ideas. E aquí mencionou o que di Saramago  na súa Viaxe a Portugal: “A viaxe non acaba nunca. Só os viaxeiros acaban... O fin dunha viaxe é só o inicio doutro. Hai que ver o que non se viu, ver outra vez o que xa se viu, ... Hai que comezar de novo a viaxe. Sempre. O viaxeiro volve ao camiño”. Fixo mención a o poema de Eliot A viaxe dos Magos, viaxan guiados por unha estrela, o que puxo en relación coa peregrinación a Compostela onde a estrela tamén ten o seu protagonismo.


Nesta viaxe virtual cara Noia e Muros, ilustrada con imaxes, comezou mencionando o castriño pequeno de Conxo, na ribeira don Sar, o mundo dos tamaricos, a célebre Casa dos Trastamara, o camiño que leva a Noia, o porto de Compostela, o que queda do castelo ou fortaleza arcebispal da Rocha Vella. Continuo co Trebo, un balneario proxectado polo arquitecto Iago Seara, e Negreira. Mostrou a ponte de Brandomil, co castro inmediato, un dos máis sobranceiros da época romana.
Sobre o mundo do Tambre sacou a colación a estela de Crecente, que Ambolo dedica a súa irmá Apana, familia tamarico céltica. Presentou os restos da fortaleza de Altamira da familia dos Moscosos. Non deixou de mencionar en Brión a Santa Minia, o corpo momificado dunha rapaza que trouxo no século XIX un emigrante; o mosteiro franciscano de Toxosoutos, un lugar idílico coa fervenza, o claustro pasou en 1921 ao pazo da Pena do Ouro, de Noia.
Iremos ver o conxunto de edificios da central hidroeléctrica do Tambre, proxectados por Antonio Palacios, unha arquitectura do realismo máxico que amosa o espírito galego-
Chegamos ao mar de dentro, que é como se chamaba á ría para diferencialo do mar de fóra, o mar de Noia e de Muros. Un paseo por Noia partindo da Praza do Tapial, coa igrexa do san Martiño do s. XIV, e o cruceiro do século XV, na que destaca a porta de madeira, neogótica, obra romántica dos bos carpinteiros de ribeira. No interior a imaxe pétrea policromada do Apóstolo. Pasou á igrexa de Santa María A nova, coas oliveiras e o cemiterio, onde se conservan varias laudas medievais gremiais e tamén de viaxeiros, nas que se representan as ferramentas do seu oficio, o tímpano co relevo policromado da virxe coa adoración dos Magos o bispo Landoira e san Xosé, un cruceiro con baldaquino e outro gótico. En Eiroa hai un cruceiro magnífico feito por Xosé Cerviño de Cotobade. Fixo mención a varios intelectuais de Noia, como Álvaro de las casas, Avilés de Taramancos, e o escultor Felipe de Castro.
A ponte de Afonso onde desemboca o Tambre, Outes onde se garda a reliquia de san Campio. Outro lugar máxico, a fonte do Rial, curativa, sanadora, as terras do poeta Añón. O conferenciante fixo mención ás técnica construtivas da carpintería de ribeira, ao muiño de marea do Cachón en Muros, ao lugar emblemático do monte Louro cos petróglifos e o convento franciscano, e rematou comentando unha imaxe do monte Pindo. ¡A viaxe nunca acaba!

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO