Martes, 23 Abril 2019 16:52

Conferencia de Manuel Antonio Castiñeiras González, catedrático de Historia da Arte Medieval da Universidade Autònoma de Barcelona (UAB), sobre "O Pórtico da Gloria: visión, escenario e lenda"

24 de xaneiro

Cando o Mestre Mateo se fixo cargo das obras da catedral no último terzo do século XII, este era perfectamente consciente do cúmulo de significacións que o monumento románico adquirira desde as súas orixes. A súa intervención no corpo occidental do templo, entre 1168 e 1211, buscou aumentar e amplificar parte deses contidos e metáforas, sabedor que o templo, tanto pola súa estética románica como pola súa escenificación litúrxica, quedara entón certamente obsoleto. Por iso, non dubidou, en primeiro lugar, en alterar a primitiva topografía sagrada do santuario da época de Diego Xelmírez, centrada no eixe transversal do transepto, de Norte a Sur, e crear un novo eixe lonxitudinal, de Oeste a Leste, centrado no bosque de columnas do Pórtico, o novo coro de cóengos e a estatua de Santiago presidindo o altar maior.

 

Neste novo e peculiar escenario, o Apóstolo aparecía dúas veces, aos pés da súa basílica, para recibir aos peregrinos, e sobre o seu altar, como garante do traspaso das almas dos seus fieis ao Máis aló. Con iso, a basílica xacobea acentuaba a súa condición de "igrexa do Paraíso", meta do Camiño de Santiago, no extremo do Finisterrae, na que Santiago o Maior convertíase en psycopompos ou condutor das almas, no medio dunha representación da Segunda Parousía. O templo, pero en particular, o Pórtico actuaba así nunha verdadeira "caixa de resonancia" do boato cerimonial da catedral, de maneira que na súas imaxes, cuidadosamente policromadas, axuntábanse os protagonistas do drama litúrxico Ordo Prophetarum, que anunciaban a Vinda do Mesías pero tamén os signos do Xuízo Final (Sibilas), coas almas anónimas dos futuros resucitados, nunha verdadeira performance atemporal. O impacto do novo escenario sobre os seus contemporáneos foi tan turbador que xerou moi pronto ekphrasis, como a Visión de Thurkill (1206), na que o Pórtico dourado e policromado é percibido como a entrada na Xerusalén Celeste.
Pero ¿quen era Mateo?, ¿un arquitecto ou un escultor?, ¿cal é a razón que moveu ao artista a retratarse axeonllado aos pés de Pórtico?, ¿cales son realmente as claves para entender a súa arte?

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe pola ría de de Ferrol +

    Día 22 de xuño, sábado ás 8,30 horas Viaxe pola ría de de Ferrol para ver pola mañá o Museo Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 28 de setembro ao conxunto do poboado e mina de Fontao, Vila de Cruces +

    Día 10 de setembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial De 19 e 20 h. anotacións Ler Máis
  • Conferencia de Encarna Otero, licenciada en Xeografía e Historia, "As minas de wolframio e o poboado de Fontao" +

    Día 10 de setembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Encarna Otero, licenciada en Ler Máis
  • Viaxe ao conxunto do poboado e mina de Fontao, Vila de cruces (Pontevedra) +

    Día 28 de setembro, sábado ás 9 horas Viaxe ao conxunto do poboado e mina de Fontao, Vila de cruces (Pontevedra). Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO