Domingo, 09 Setembro 2018 08:57

Conferencia de Javier Raposo Martínez, licenciado en Xeografía e Historia, "O xardín no pazo galego ¿Francés, inglés ou portugués?" 4 de setembro

O obxectivo da conferencia era analizar os diversos estilos de xardín (francés, italiano, portugués, etc.) que converxen na configuración dos propios parterres galegos creando unhas características propias e miméticas á par que fanos únicos e diferencias.

A historia do mundo do xardín e ben coñecida a través dos innumerables exemplos a través da historia, máis pouco ou nada se sabe en Galicia sobre os estudos, deseños, diferencias, características propias, e moito menos nas Facultades. Noutros países (Francia, Alemaña ou Italia) son materias esenciais e complementarias no estudo da arquitectura e do dominio estético da paisaxe, polo tanto, segue a ser unha iniciativa pendente e necesaria nos plans de estudo e na propia concienciación social e ambiental.

Os creadores dunha teoría do deseño de xardín foron os fraceses (xardín à française) onde as liñas simétricas, o feito de impoñer unha orde cartesiana na natureza, a recreación e inspiración nos modelos romanos (villae), especialmente, nos xardíns das vilas renacentistas do norte de Italia (Bóboli, Fiésole, D´Este, etc). Estes parterres aterrazados, lineais ofrecen moitos espazos para os xogos hidráulicos e créanse novos espazos como a Orangerie (invernadoiro de especies exóticas). Todas estas novas achegas veñen de Nápoles da man do rei francés Carlos VIII que trae con él un xardineiro italiano chamado Parcello Mercogliano. Esta senda continuará co arquitecto Philibert de L´Orme a partires do ano 1536 nos deseños para Blois, Anet e Tuilleries e alcanzará o seu cénit con André Le Nôtre nos deseños barrocos para Luis XIII e Luis XIV en Versailles.

A outra gran influencia vén dos paisaxistas e superintendentes de xardíns do novo estilo inglés que impera en Europa dende mediados do s.XVIII e principios do s.XIX. Este novo estilo chega aos aristócratas e tenentes británicos a través dos sacerdotes xesuítas da corte do emperador de China. Xorde así o “xardín à Anglaise”, “le xardin exotique”, “anglochinois”, inspirado na pintura romántica, na literatura e na filosofía (Rousseau). As formas paladianas nos estanques, pontes e peiraos, o ambiente pintoresco e salvaxe, onde a natureza crece sen orde establecida, onde as “follies” (motivos extravagantes a modo de pavillóns, templos, galerías porticadas, grutas ou ruínas) serán os protagonistas. Son xardíns ideais para o “vagabundeo poético” en palabras do seu máximo creador Capability Brown, paisaxista e arquitecto británico. Asemade, o xardín portugués engadirá a estas dúas influencias un carácter “rústico” e máis íntimo na concepción espacial, engadindo o azulexo, mailo o usufructo xerado pola horticultura.

O caso pacego galego, é singular e único, no que se convinan resabios do mundo francés nos pazos de San Lourenzo, no de Oca, no de Castrelos de Vigo, no de Quinteiro da Cruz ou no de Tor, con outros de índole anglosaxona como son o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, Sistallo ou da Saleta en Meis, xunto a rusticidade e deseño militar do mundo portugués. Sen lugar a dúbidas, son claros exemplos onde se mostra a opulencia do dono gracias ao traballo de artistas autóctonos (Domingo de Andrade, Clemente Fernández Sarela,etc.) xunto a outros foráneos (Caravancinni, D´Étoile, Chanterenne, etc), creando un feito diferencial que pode levarnos á seguinte reflexión: ¿existe, verdadeiramente, “un xardín propiamente galego”?

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO