Luns, 16 Xullo 2018 11:58

Viaxe polas Mariñas Coruñesas con Felipe Senén

14 de xullo

Comezamos a visita en Betanzos, unha das sete capitais do Reino de Galicia, na actual Praza da Constitución, dos irmáns García Naveira, ou do Campo, segundo as épocas, porque nela se celebraba a feira, onde está a fonte de Diana do Louvre inauguración data del año 1867. Es una fiel reproducción de la Diana del Louvre feita en ferro colado nos talleres de la fundición de “Ducel e Hijos” de París deseñada polo enxeñeiro Pedro Villar. O quiosco da música así como as varandas e luminarias Art Déco que están no inicio da subida cara a Casa do Concello, na Porta da Vila, deseñadas polo arquitecto Rafael González Villar feitos en ferro entre o ano 1927 e 1928 nas fundicións Wonenburger da Coruña. Nesta subida hai un bo número de casas decimonónicas coas galerías na planta superior, un exemplo de artesanía da madeira que foi posible grazas a producción de vidro plano das fábricas coruñesas.

Despois visitamos o Centro Internacional da Estampa Contemporánea da Fundación CIEC, do artista Jesús Núñez Fernández, establecido no edificio Déco da antiga Banca Núñez tamén do arquitecto González Villar. Despois de ver o exterior do conxunto formado pola Torre Municipal ou do Reloxo, do século XVI, a Casa do Concello, neoclásica de fins do século XVIII e a igrexa de Santiago, paramos diante da portada e fronte do pazo dos Lanzós, coa casa torre inmediata. No interior recibimos as explicacións pertinentes destacando a capela renacentista do arquitecto Juan del Castillo.

Baixamos cara a igrexa de Santa María do Azogue, parando na portada que reproduce o tema do xuízo final, con San Miguel pesando a alma dun xusto e no tímpano dúas escenas da Adoración dos Reis e a Anunciación. Despois de visitala entramos na igrexa do convento de San Francisco, de estilo gótico, con relevos alusivos á caza e a Fernán Peres de Andrade, o Bo, co seu monumental enterramento, tamén con escenas da caza do xabaril e levantado do chan sobre un oso e un xabaril. Despois de pararnos na portada que ten no tímpano a Adoración dos Reis, e de ver polo exterior a escola modernista mandada facer polos irmáns Naveira, baixamos cara o río Mondeo, entrando pola Porta da Ponte Vella, para ver na rúa da Cerca as casas típicas onde están as tabernas que venden o viño do ramo, propio da zona.

Despois de xantar marchamos a visitar o Pazo de Mariñán percorrendo todo o interior tanto da parte nova como a do século XVIII así como os xardíns. Rematada a visita fixemos un percorrido en Sada polos lugares nos que pintaba Francisco Lloréns cando estaba de vacacións no verán.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea anual e festa dos socios +

    A Asemblea será o día 15 de decembro, sábado, ás 12,00 horas en primeira convocatoria e ás 12,30 horas en Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO