Sábado, 07 Xullo 2018 07:58

Conferencia de Felipe Senén López, museólogo. "Mobiliario nos Pazos Galegos, atinos e desatinos".

3 de xullo de 2018

Comezou dicindo que cara ao exterior os pazos identificámolos por unha serie de elementos que forman parte da paisaxe como o ciprés, o pombal, o xardín e o propio edificio co escudo e a capela. Lembrou a súa experiencia na adega da casa grande de Otero Pedrayo en Trasalba, onde convidaba aos visitantes a tomar viño e xamón, hoxe convertida nun auditorio. "As cousas son asegun", segundo dicía don Ramón, hai que relacionalas, e engadía "desconfíe do nivel de vida, pense na cultura".

No noso mundo rural estamos rodeados de obxectos feitos por artesán e artistas, cando se perden os oficios tamén se perde o idioma, e leu un poema de José María Valverde no que ven a dicir que as cousas son a memoria, son lembranzas, e esas cousas estanse a perder. Fixo mención á febre de eliminar os revocos das casas e determinadas árbores típicas que medraban ao seu carón como os loureiros, e con elas pérdese a memoria.

Nos pazos andan os xenios loci, os pantasmas. Mencionou o Pazo de Tor, que deixou María Paz á Deputación de Lugo, como un exemplo para ensinar dun pazo que quedou como cando a propietaria vivía nel, podendo así entrar no espírito das cousas. Sobre as mesas talladas están os tecidos feitos a man de liño e con encaixes, as louzas, pezas da arte namban chinesa dos séculos XVI e XVII, como as arquetas, adquiridos en Portugal a onde chegaban do lugar de orixe, Goa, Brasil, a Porto. A maior parte do mobiliario galego dos pazos foi adquirido en Portugal pero combina a tradición galega con elementos foráneos.

 

Dixo que a Provenza e Irlanda eran países maduros xa que aínda hoxe reproducen para a venda o mobiliario tradicional e puxo exemplos de varios mobles. As camas galegas que se poden ver no museo da Casa Torre de Narla, pola súa cor vemos a influencia charra e portuguesa.

A maior parte dos pazos galegos pertencen a familias andaluzas nobres das casa de Alba, Medinaceli, Medina Sidonia, e outras, como os de Oca e San Lourenzo de Trassouto en Santiago, vinculado ao arcebispo Muñiz, polo que no seu interior atopamos mobiliario e cerámicas andaluzas, lámpadas de tipo cordobés. Mesmo o retablo de San Lourenzo procede de Sevilla e de artistas xenoveses.

O de Rubiás está interiormente bastante ben ambientado, con bodegóns comprados en Porto e Guimaraes, tapices, lámpadas de araña tipo holandés. A casa grande de Trasalba consérvase case como a deixou Otero Pedrayo, como a sala de estar cos tresillos para as conversas, o dormitorio, o despacho a galería.

O pazo de Lourizán, decimonónico, de Eugenio Montero Ríos, feito polo arquitecto Genaro de la Fuente, con esculturas traídas de Italia, sartegos paleocristiáns, está en mal estado. Da mesma época é o de Meirás de Emilia Pardo Bazán, historicista, feito no estilo neorománico por Vicente Lampérez. Doña Emilia recorreu aos anticuario para amoblalo, co despacho neogótico.

Hai un pazo con espírito en Valdehorras, o da familia Flórez, con camas posiblemente traídas do Brasil. O pazo industrial do Faramello, que se mantén bastante ben ambientado. No de Mariñán hai un mostrario de tresillos adquiridos en diversos pazos que foron desmantelados. Completou esta visión do interior dos pazos facendo referencia ás cadeiras portuguesas, as ampollas ou fanais con coquillage traídos de Cuba, as louzas e as cruces relicario, con incrustacións de nacar e outros materiais que regalaban os emigrantes ricos aos pazos.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO