Artigos filtrados por data: Xaneiro 2024
Sábado, 27 Xaneiro 2024 11:30

Visita guiada á Catedral de Lugo

Día 27, sábado

Visita guiada á Catedral de Lugo as 11,30 h. Lugar de encontro na fachada principal.

16 de xaneiro

O inicio das actividades correspondentes ao ano 2024 tivo lugar con esta conferencia do doutor e director do Museo Diocesano e Catedraliceo de Lugo, Marcos Calles Lombao, que espertou grande interese no público que encheu o salón de actos da Deputación.

Nesta conferencia mostrou os resultados do estudo en profundidade das representacións de paisaxes que atesoura a Catedral de Lugo durante a Idade Moderna, véndose estas representadas en distintos soportes, como madeira ou pintura, realizadas desde o século XVI ao XVIII, así como nas localizacións máis destacadas da Catedral.

Dixo que as paisaxes na Catedral de Lugo teñen unha importancia transcendental, comezando a súa investigación polo antigo retablo da Capela Maior, colocado hoxe nas frontes dos testeiros do transepto, obra de Cornielles de Holanda do século XVI. Neste retablo a representación do Bautismo de Xesús no río Xordán é dunha gran beleza que se ve reforzada polas rochas e árbores que encadran esta simbólica escena, con San Xoán Bautista e Xesús de Nazaret no centro da mesma.

Martes, día 16, ás 20 horas, no salón da Deputación Provincial

 

Conferencia do  director do Museo Diocesano e Catedralíceo,  Marcos Gerardo Calles Lombao, que falará sobre “As paisaxes na Catedral de Lugo: "ventas" á natureza desde un Patrimonio da Humadidade”.

Martes, 16 Xaneiro 2024 09:11

PROGRAMACIÓN PARA O 1º SEMESTRE DE 2024

LUGO PATRIMONIO

PROGRAMACIÓN PARA O 1º SEMESTRE DE 2024

XANEIRO

Día 16, martes

Conferencia de Marcos Gerardo Calles Lombao, sobre “As paisaxes na Catedral de Lugo: "ventás" á natureza desde un Patrimonio da Humadidade”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe a A Coruña o día 24 de febreiro, prezo 35 € e Sintra (Portugal) os días 5 ao 8 de maio, sobre 500 €.

Día 27, sábado

Visita guiada á Catedral de Lugo as 11,30 h. Lugar de encontro na fachada principal.

FEBREIRO

Día 27, martes

Conferencia de Juan David Díaz López sobre “A arquitectura do eclecticismo: pompa e fantasía para a cidade burguesa”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Prezo 40 €.

Día 24, sábado

Viaxe a A Coruña para ver as exposicións "Viajar para pintar. Sorolla en Galicia", no Museo de Belas Artes e a de fotografía de Helmut Newton, así como ao novo Museo de Automoción e Historia. Saída ás 9 h.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO