Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Día 21 de febreiro, martes
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 4 de marzo, sábado, a Santiago de Compostela.
Día 21 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Javier Raposo Martínez, doutorando en Historia da Arte, "A arquitectura renacentista en Galicia"
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 4 de marzo, sábado, a Santiago de Compostela.
Martes día 7, ás 20 horas no salón de actos da Deputación Provincial comeza o Ciclo dedicado ao Renacemento coa conferencia de Domingo González Lopo, profesor de Historia Moderna da USC. "A reforma tridentina en Galicia: métodos e consecuencias".
Día 24 de xaneiro, martes, ás 12 horas.
Sede Afundación Lugo, Praza Maior, 16.
Visita guiada á exposición , "Xesús Corredoyra e o simbolismo na pintura galega"
Día 20 ou 27 de xaneiro, martes, ás 20 horas.
Salón de actos da Deputación Provincial.
Conferencia de Carlos L. Bernárdez, "Xesús Corredoyra e a súa obra"
Día 17 de xaneiro, martes, ás 20 horas.
Salón de actos da Deputación Provincial.
Conferencia de Uxío Breogán Diéguez, "As Irmandades da Fala".
Día 10 de xaneiro, martes, ás 20 horas.
Salón de actos da Deputación Provincial.
Asembleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria.
Día 17, sábado
Reunión anual de confraternidade na Casa de Láncara
Saída ás 10 horas
Visitas ao miradoiro, ponte medieval de Carracedo, área recreativa, pazo de Láncara e casa de Ángel Castro Argiz, pai de Fidel e Raúl Castro. Actuación do monologuista Lois Pérez e o grupo Os Miñotos. Prezo 30 €.
Día 26 de novembro, sábado
Segunda viaxe á Ribeira Sacra
E teredes un presente...
Saída ás 8 horas
Visitas a Nogueira de Miño, Santa María, Ribas de Miño, Santo Estevo e á adega productora do viño Ora et labora, introdución sobre o viño no cristianismo polo propietario Mario Vázquez, explicación polo etnólogo da adega Roberto Regal e cata.
Día 11 de novembro, venres
Entre as 19 e 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Anotacións para a viaxe do día 26 de novembro, á Ribeira Sacra e para a festa anual a celebrar na Casa de Láncara o 17 de decembro.
Día 11 de novembro, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado á Ribeira Sacra
Conferencia de Sonia Fernández Pérez Investigadora USC. "Difusión artística do románico na Ribeira Sacra 2.0".
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 26 de novembro, á Ribeira Sacra e para a festa anual a celebrar na Casa de Láncara o 17 de decembro.
VIAXE A TORO E ZAMORA
Día 5, sábado
Saída ás 7,30 horas
Visita guiada á exposición de Las Edades del Hombre, xantar e percorrido polo recinto histórico e monumentos máis destacados de Toro.
Día 6, domingo
9,30 horas
Visita guiada polo casco histórico, Catedral e museo, Museo de Zamora e Museo Etnográfico de Castilla y León.
Día 17 de outubro, luns
ás 20,30 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado á Ribeira Sacra
Conferencia de Ramón Yzquierdo Perrín, catedrático de Historia da Arte UDC, "Talleres mateanos na Ribeira Sacra".
Día 14 de outubro, venres
desde as 10 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Xornada de información e debate sobre a conservación e destino do Cuartel de San Fernando
Ás 10 horas
Sesión de apertura polo Presidente de LugoPatrimonio e a deputada de Cultura da Deputación Provincial.
10,15 horas
Conferencia de Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia, presidente de Lugo Patrimonio.
"O Hospital de Inhábiles e cuartel de San Fernando. Orixe e destino". Presentación Julia Cantalapiedra Álvarez.
11 horas
Alberte González Rodríguez, Jorge Salvador Fernández, arquitectos, e Felipe Senén López, museólogo.
."O que non se debe facer nun edificio BIC. Ideas e propostas para a rehabilitación do Cuartel de San Fernando para Museo Arqueolóxico". Presenta Adolfo de Abel Vilela
12 a 12,30 horas
Descanso
12,30 horas
Mesa redonda con asociacións culturais. Presenta e modera Branca Rodríguez Pazos.
17,00 horas
Felipe Arias Vilas, museólogo.
"Como debe ser o Museo Arqueolóxico Galaico Romano". Presenta Carolina Casal Chico.
18,30 horas
Lectura das conclusión e clausura da xornada pola deputada de Cultura da Deputación Provincial.