Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Día 12, sábado: Festa anual de LugoPatrimonio na casa de turismo rural Da Penela, Mondoñedo. Contaremos con músicos, conta-contos e a valiosa prfesionalidade das nosas asociadas e asociados.
Preparade todas as intervencións que se vos ocorran.
Día 2, mércores : conferencia do investigador Serafín R. Trashorras sobre As torres do Arneiro.Salón de actos da Deputación, ás 20 h.
Pazo de Tor (Monforte de Lemos) 24 de novembro de 2015
20 h.
Este concerto realízase no pazo de Tor coa fin de recrear as reunións musicais que se facían na casa da familia do escritor Marcial Valladares, nas que se tocaban músicas de corte culto, canda composicións propias dos membros da familia, e outras de carácter máis popular, que se atopan aínda no arquivo familiar da casa Grande de Vilancosta, na Estrada. Estas reunións musicais eran, por outra banda, algo moi común nesa altura en moitas casas burguesas, o que dará unha visión diferente e descoñecida do contexto musical na Galiza do XIX.
Sobre o arquivo e a música nel contida, fará unha pequena introdución Jose Luís Dopico, que foi, xunto con Isabel Rei, o que promoveu a organización de dito arquivo e a súa transcrición.
Haberá unha introdución do profesor de música André Díaz Pazos sobre os interesantes instrumentos musicais que se conservan no salón do pazo.
Contaremos con:
Isabel Rei Samartim: guitarra clásica
José Luís Dopico Orjais: cavaquinho e percusións
Helena de Alfonso: voz
Alonxo Caxade: frauta e gaita
Antes da conferencia de María Isabel Fernández García, entre 19 e 20 h. anotacións para os seguinte actos:
Día 10, martes: conferencia da profesora María Isabel Fernández García, Catedráticade Química Inorgánica, sobre Científicos e científicas do s. XIX entrando no XX. No salón de actos da Deputación ás 20 h.
Antes desta conferencia, entre 19 e 20 h. anotacións para os seguinte actos:
Día 7, sábado, Museo Provincial de Lugo: visita á pintura galega do s. XIX como complemento á conferencia ditada pola museóloga Aurelia Balseiro, a cal guiará o itinerario polos distintos cadros.
Comezo ás 10 h., encontrándose os e as que queiran participar na entrada do Museo Provincial de Lugo ás 9,45 h. De ser numerosos os e as participantes a visita farase por grupos.
Día 10 de novembro, martes: conferencia da profesora María Isabel Fernández García, Catedráticade Química Orgánica, sobre Científicos e científicas do s. XIX entrando no XX. No salón de actos da Deputación ás 20 h.
Antes desta conferencia, entre 19 e 20 h. anotacións para os seguinte actos:
· Concerto de música do s. XIX no Pazo de Tor (24 de novembro, martes). Saída en bus do lugar habitual ás 17 h.
· Festa dos asociados e asociadas de LugoPatrimonio, "Contos e Música arredor da lareira" (12 de decembro, sábado), na Casa da Penela, Mondoñedo (Turismo rural). Saída do lugar habitual ás 9,30 h.
O día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h, anotacións para as viaxes de Albá e Salamanca, Alba de Tormes e Ávila,
Día 27 de outubro, martes: conferencia do musicólogo Andrés Díaz Pazos sobre A música galega do século XIX, entrando no XX. Será no salón de actos da Deputación ás 20 h.
Día 17 e 18: Viaxe a Salamanca, Alba de Tormes e Ávila para ver as exposicións de "As idades do Home" baixo o seguinte Programa:
Día 17, sábado: Saída ás 7 h. do lugar habitual con destino Salamanca onde chegaremos arredor das 12 h. A partir desta hora visitaremos o claustro renacentista das dominicas do convento de Las Dueñas e a Casa Lis. Xantar ás 14 h. e deseguido saída para Alba de Tormes. Visita ao capítulo V da exposición: "Filla da Igrexa". Basílica de Teresa de Xesús.
Ás 19 h. saída para Ávila onde teremos aloxamento e cea libre.
Día 18, domingo: Visita ás tres sedes da exposición "As idades do Home" "Teresa de Xesús mestra de oración":
I capítulo: "Conducinvos á terra do Carmelo", Convento de Nosa Señora de Graza
II e III capítulos: "Na España da Contrarreforma" e "As pobres descalzas de Teresa", Capela de Mosén Rubi.
IV capítulo: "Mestra de Oración", Igrexa de San Xoán Bautista.
Ao rematar regreso a Lugo, con xantar en Arévalo. Chegada a Lugo arredor das 22 h.
Anotacións o 2 de setembro na galería Sargadelos entre 19 e 20 h.
Conferencia da Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, sobre Pintores e pintoras galegas do século XIX, entrando no XX, como parte do ciclo que levamos durante este ano. No salón de actos da Deputación ás 20 h.
Viaxe a Albá (Palas de Rei) da comarca da Ulloa, onde visitaremos a granxa familar, Granxa Arqueixal, dedicada á produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico. Ofrece tamén un grupo de casas rehabilitadas para turismo rural, ou para exemplo da vida labrega que se podía ver a principios do s. XX ou mesmo no s. XIX, como mostran de forma práctica na chamada casa da Rebordela. Comprobaremos así un novo xeito "de recuperar e salvagardar un proceso vivo, dinámico e sustentábel da cultura tradicional". Na súa páxina web, explican tamén que se utiliza o pasado "como un recurso renovábel, educacional, científico, artístico, promocional e económico". Xantar na propia granxa.
Iniciamos, con esta visita, outro tipo de viaxes prácticas e didácticas para comprobar os diversos xeitos que podemos ver da unión de cultura, economía, arquitectura, tradición e modernidade.
Para consultar: http://arqueixal.com/agro/quen.htm
De permitilo o tempo faremos outras visitas desta comarca rica en todo tipo de vestixios, como é o exterior do Castelo de Pambre, Igrexa de Vilar de Donas...
Saída ás 9:30 h. da mañá do lugar habitual.
Anotacións o día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h.
Irene deixounos hai uns días e trátase de facerlle un humilde e sentido recoñecemento á súa obra e hospitalidade que sempre tivo con LugoPatrimonio.
Foi a voz do poeta irmán, Fiz Vergara, cando el non se podía expresar directamente, batalladora incansábel polo noso idioma, cultura e país, sen descanso e desde a grandiosa humildade que sempre a caracterizou. O seu sorriso e sosego ficarán connosco para sempre.
Saída de Lugo (Instituto Lucus Augusti) ás 9 h, con destino a Lóuzara, onde estaremos na casa deSantalla e no cemiterio para lle facer a Oferenda na compañía tamén da súa familia. Nese pequeno circundo tan cantado e andado pola Irene e polo Fiz, miraremos a Casa, o Muíño, o río Lóuzara e os montes apertados que gardan os seus xogos, risos e dores.
Despois sairemos para ver o Parque Arqueolóxico de Santa Mariña, lugar único more info polas corenta mámoas e tres gravados rupestres que conserva. Arredor das 13 h. chegaremos a Vilasouto onde, ao pé da igrexa románica e nas ribeiras do encoro, pasaremos o resto do día con xantar a base de empanadas, viño, doces e a copa de licor que tanto nos anima. E como o día o vai permitir, darémonos o baño de rigor nas augas mornas do río Mao.
Anotacións durante todo este mes de xullo no tfne. 676 800 227
Saída o día 9, xoves, ás 9 h. do Instituto Lucus Augusti
30 de maio 2015: Visita á igrexa románica de San Mamede de Vilasouto para ver as obras realizadas que acaban de rematar. É unha reivindicación conseguida polo traballo de LugoPatrimonio, os veciños da parroquia, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Bispado. Loce, agora, a igrexa, o seu lousado more info novo, os muros sen fendas e a fachada restablecida, freando así o estrago e a destrución á que estaba sometida. A esas institucións, Área de Cultura da Deputación de Lugo e o seu representante Mario Outeiro, ao Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e aos veciños de Vilasouto pola axuda prestada, dámoslles o RAMO de LugoPatrimonio.
Aproveitaremos esta viaxe de medio día para ver tamén algún dos petróglifos da zona, o encoro de Vilasouto e a necrópole de santa Mariña.
Regresaremos a Lugo arredor das 14 h. Anotacións na páxina de LugoPatrimonio (lugopatrimonio.org) ou no tfne. 676 800 227 até o xoves día 28 de maio.