Luns, 02 Mai 2016 00:00

SEGUINDO OS PASOS DE SAN FROILÁN


Os días 30 de abril e 1 de maio, a Asociación viaxou as provincias de Zamora e León facendo de guía Ignacio Rodríguez Eguibar. Na mañá do primeiro día visitouse o que queda do Mosteiro de San Miguel de Moreruela de onde viñeron para Lugo as reliquias de San Froilán, que pertenceu ao Cister, sendo a parte que se conserva máis importante a cabeceira da igrexa, con sete capelas absidais e deambulatorio, de estilo de transición entre o románico e o gótico.

Venres, 22 Abril 2016 00:00

CONFERENCIA DE ADOLFO DE ABEL

O 14 de abril, no salón de actos da Deputación Provincial, o historiador e presidente de LugoPatrimonio, Adolfo de Abel Vilela, deu a primeira charla do ciclo "Seguindo os pasos de san Froilán", co título "O culto a san Froilán en Lugo". Na disertación foi comentando as orixes do culto na cidade, que se remonta ao último terzo do século XV coa construción dunha capela na catedral, en 1605 decláraselle patrón de Lugo e en 1610 fundouse unha confraría para darlle un culto máis solemne, organizándose as primeiras festas profanas, que se celebraron intermitentemente no século XVII, chegando a desaparecer, recuperándose no último cuarto do século XIX.
A súa imaxe estivo no antigo retablo das Casas Consistoriais, hoxe na parroquia de Santa María de Villafiz, e na catedral está representado na capela nova de fins do século XVIII, no coro de Francisco de Moure, na capela do Pilar, e na fachada principal.
En 1894 fundouse unha parroquia coa súa advocación, e dedicóuselle a rúa que antes se chamaba do Sol e o novo cemiterio.

O sábado, día 2 de abril, dentro do ciclo "Manuel María: Amar a Vida",  a Asociación  fixo unha viaxe guiada por Lois Diéguez servíndose dunha selección que fixo de trinta poemas relacionados cos lugares máis íntimos do poeta. Os participantes comezaron a visita pola casa natal de Hortas, e recitaron os poemas que se entregaran previamente nunha edición impresa titulada "Viaxe sentimental por Outeiro de Rei e a Terra Cha", na Praza do Concello, cemiterio con ofrenda floral, campo de Santa Isabel, igrexa de Baamonde, San Alberte rematando en Penas de Rodas.

 

 

O xoves, día 31 de marzo, ás 20 horas, o profesor doutor Camilo Gómez Torres, autor de Manuel María: poesía, traballo lingüístico e traballo cultural,  e Manuel María: os traballos e os días, así como varios artigos sobre a obra do poeta chairego, deu a conferencia "Manuel María: Obra poética", na que fixo unha análise das etapas evolutivas do autor de mil setecentos poemas publicados en máis dun cento de libros.

A Asociación Lugopatrimonio ofreceu onte un xantar de agradecemento ao escritor e poeta Lois Diéguez, cofundador e presidente da entidade cultural nos últimos dez anos. Un centenar de socios mostráronlle coa súa asistencia o seu recoñecemento ao traballo desenvolvido.

O actual presidente Adolfo de Abel Vilela pronunciou unhas palabras no nome dos asociados nas que recoñeceu a humanidade e a xenerosa entrega de Lois Diéguez a Asociación, no seu interese por divulgar a cultura do país e o seu patrimonio.

Como recordo do acto a vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos entregoulle unha placa orixinal do ceramista Francisco Pérez Porto.

Pola súa parte Lois Diéguez agradeceu aos asistentes ao acto de irmandade, a colaboración prestada polas xuntas directivas, manifestando a súa satisfacción por ter vivido multitude de experiencias compartidas cos membros da Asociación. O escritor agasallou aos asistentes cun texto seu titulado "A nube azul. Conto con procura para os grandes viaxeiros e viaxeiras de LugoPatrimonio".

 


O día 3, xoves, ás 20 horas no Salón de actos da Deputación Provincial celebrouse a segunda actividade do Ciclo "Manuel María, amar a vida" que a Asociación dedica ao poeta chairego con motivo de ser o persoeiro ao que está dedicado o Día das Letras Galegas do ano 2016.


Interviron Bautista Álvarez, Pilar García Negro e Francisco Rodríguez, actuando como moderador Manuel López Foxo, todos eles vinculados co poeta por amizade e ideoloxía. Fixeron unha análise da obra do autor, recitando poemas seleccionados, e deron unha visión da súa actitude e compromiso persoal desde a experiencia de cada un.

Venres, 04 Marzo 2016 00:00

RUMANÍA DESCOÑECIDA

 
Venres, 19 Febreiro 2016 00:00

Ciclo Manuel María: AMAR A VIDA

 

Busca nesta web

Próximos actos

  • Roteiro pola obra de Asorey en Lugo +

    Día 25, sábado Roteiro pola obra de Asorey en Lugo: Cemiterio de San Froilán, Parque de Rosalía de Castro, Museo Ler Máis
  • Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”. +

    XUÑO Día 18 de xuño, martes Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”.   Ler Máis
  • Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio de Narla e o mosteiro de Sobrado dos Monxes +

    Día 22, sábado Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO