Domingo, 12 Novembro 2017 21:19

EDADES DEL HOMBRE. Reconciliare.

Os días 28 e 29 de outubro viaxamos a Cuéllar e Valladolid para visitar a exposición Las Edades del Hombre este ano co tema Reconciliare. De camiño paramos en Olmedo onde fixemos unha visita guiada polo recinto histórico vendo o que queda da muralla, as igrexas mudéxares de Santa María del Castillo, San Miguel e San Andrés, a torre do reloxo da Real Chancillería, diversos palacios e casas de arquitectura tradicional, o placio dos condes de Bornos onde se instalou o que chaman "Palacio Caballero de Olmedo" na praza de San Julián, personaxe da obra de Lopez de Vega. Despois de xantar no restaurante La Cueva de Fabia, preto da Porta de San Juan, continuamos viaxe a Cuéllar onde tiñamos concertada a visita guiada para as 17,45 horas.


Na igrexa de San Esteban de Cuéllar, onde estaba o IV e último capítulo da exposición, Semper-Siempre, vimos a xeserías mudéxares, restauradas, que adornan os enterramentos situados na capela maior. No de Isabel Zuazo descubrironse unhas buldas cerca do seu corazón, como desexo de poñer toda a súa vida, despois da morte, ante Deus buscando del a súa reconciliación. Este feito histórico inspirou o relato da XXII edición de Las Edades del Hombre sobre a necesidade que o mundo ten de reconciliación, exposta en tres templos emblemáticos de Cuéllar, tanto no relixioso como no histórico e artístico: a igrexa de San Andrés, a de San Martín e a de Esteban. Os capítulos nos que se estructura eran: "In principio - Para comezar", "Hieri - Antano", "In figura -Por exemplo", "Hodie - Hoxe" e "Semper - Sempre. Ao rematar continuamos a viaxe a Valladolid para durmir no hotel El Nogal.
O día 29 fixemos unha visita guiada de catro horas polas rúas máis importantes que comezamos na PrazaMaior, onde está o Concello e o monumento ao fundador da cidade,  conde Pedro Ansúrez, e rematou no Museo Nacional de Escultura, e no Palacio de Valderas vendo a exposición "Hijo del Laocoonte. Alonso Berruguete y la Antigüedad pagana". Esta exposición explora o "alma pagá" de Alonso Berruguete (1490-1561), a súa persoal amalgama entre a arte cristiá e a sensualidade da estatuaria clásica.
Rematada a visita, despois de xantar no restaurante do Hotel El Nogal  regresamos a Lugo.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Aguilar de Campoo para visitar a exposición de Las Edades del Hombre Mons Dei e Palencia. +

    Días 27 e 28 de outubro ás 7 horas Viaxe a Aguilar de Campoo para visitar a exposición de Las Ler Máis
  • Conferencia de Aurora Marco López sobre, "A presenza feminina nas Irmandades da Fala". +

    Día 6 de novembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Aurora Marco López sobre, Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 24 de novembro a Santiago de Compostela para visitar o Museo do Pobo Galego. +

    Día 6 de novembro, martes Salón de actos da Deputación Provincial   De 19 e 20 h. anotacións para a Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO