Natural de Viladequinta de Valdeorras (Ourense), estudou Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca, e Xermanística, Historia, Filosofía e Teoloxía nas alemás de Ratisbona e Munich. É doutor en Teoloxía e Filosofía pola Universidade de Munich. Nesta Universidade foi ademais wissenchaftlicer Assistent (= Axudante de cátedra) do Prof. Leo Scheffczyk durante oito años.
Adscrito desde o ano 1982 ao Consello Superior de Investigacións Científicas, na actualidade é científico titular do CSIC con destino no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” (Santiago de Compostela), onde ademais de ser secretario de publicacións, participa en varios proxectos de investigación sobre a historia de Galicia, ao mesmo tempo que está elaborando una Historia das Encomendas da Orde de Malta en Galicia, da que xa apareceu o primeiro volume. É tamén autor de numerosos libros e artigos, en alemán, galego e español, sobre historia, teoloxía e filosofía.
Nado en Vilalba no ano 1955, ten a súa residencia actualmente en Viveiro |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Orlando Viveiro Veiga (Outeiro de Rei, 1957). Fixo traballos de recollida e investigación sobre o patrimonio e a cultura tradicional. Colaborou no boletín “Terra Chá”, editado pola asociación cultural “Brigadas en defensa do patrimonio chairego”, a respecto do latín dos canteiros, os cacharreiros de Bonxe, os xogos populares e algúns aspectos da cultura da auga, entre outros. Colaborou tamén coa revista “Ardentía”, da Federación galega pola cultura marítima fluvial, en relación con aspectos da nosa cultura e patrimonio.
MILLÁN PICOUTO (Ourense, 1949). Poeta e dramaturgo.
Fundou o grupo teatral Auriense nos anos 70 e con el participou en varias edicións da Mostra de Teatro Abrente, de Ribadavia.
En 1978 publicou a traxedia «Silvania» (Editorial Barca de Caronte); en 1980, «Sonetos da lúa chea»; en 1984, «O poema dos lustros» (Concello de Ourense - Premio de Poesía Cidade de Ourense de 1983); en 1992, o libro de música «Cantigas e Madrigais para 2, 3 e 4 voces» (Concello de Ourense).
En 1994 e 1995, as traxedias «María Soliña» (edición do Concello de Ourense) e «Prisciliano en Tréveris», respectivamente. Estas dúas obras, cada unha nun prólogo e cinco actos con texto e partitura vocal e instrumental, mostraron por primeira vez reunidos os caracteres da súa obra dramática: devolución da palabra poética ao escenario; recuperación do coro para dotar de fondo cósmico a poesía, de reflexión o drama, de puntuación os actos, e o conxunto de personaxes, dunha voz colectiva; texto en verso (hendecasílabos brancos para as partes faladas, e versos de variados metros e ritmos para o recitado e o canto); incorporación da tradición musical galega, reelaborada, ao teatro (melodías populares ou propias, escalas modais e sintéticas, contrapunto e harmonía contemporáneos).
En 1997 publicou «Escola Coral de Poesía» e de Música (A Nosa terra - AS-PG).
En 2000 recolleu en «Obra lírica completa» (Edicións do Castro) a poesía lírica publicada até aquel momento.
En 2001 iniciou a publicación da súa obra dramática completa en Ediciones Linteo con «Ciclo de Venus», integrado polas comedias e traxedias “A fada e o cabaleiro”, “Nausícaa”, “Os espellos e a noite” e “Empédocles”.
Desde entón leva publicados en 2002 «Ciclo de Mercurio», que contén “Conto de abril”, “Silvania”, “A peso de ouro” e “Fisterra”; en 2006, «Ciclo da Terra», con “Prisciliano en Tréveris”, “Os corvos”, “As andoriñas” e “María Soliña”; en 2007, «Ciclo de Marte», que integra a “Triloxía da Illa de Páscoa”, “Os guerreiros celestiais” e “Asteroides”; en 2008 verá a luz «Ciclo de Xupiter», formado por “Péricles e Aspasia”, “Vercinxetórix, príncipe da Galia”, “Xulio César”, “Zenobia, raíña de Palmira” e “Lánser e Íngrid”.
CURRICULUM DO PROFESOR LUÍS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA
DATOS PERSOAIS
MARTINEZ-RISCO DAVIÑA, LUÍS (30/08/1959)
LUGAR DE NACEMENTO: SANTIAGO DE COMPOSTELA
PROFESIÓN: PROFESOR AGREGADO DE SECUNDARIA DENDE 01/10/1986.
DESTINO: I.E.S. OTERO PEDRAYO DE OURENSE.
TITULACIÓN ACADÉMICA
.- DOUTOR EN XEOGRAFÍA E HISTORIA POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, ANO 1992.
.- TÍTULO FORMADOR NAS ÁREAS DE XEOGRAFÍA E DE HISTÓRIA DAS CIVILIZACIÓNS POLO CONSELHO CIENTÍFICO-PEDAGÓGICO DE FORMAÇÃO CONTÍNUA – PORTUGAL. BRAGA, ANO 2004.
PUBLICACIÓNS
LIBROS
.- TERRA DE CELANOVA. EDITORIAL: EVEREST. 1993. ISBN 84-241-9813-1
.- O ENSINO DA HISTORIA NO BACHARELATO FRANQUISTA (PERIODO 1936-1951)- A PROPAGACIÓN DO IDEARIO FRANQUISTA A TRAVES DOS LIBROS DE TEXTO.EDICIÓS DO CASTRO. SADA 1994. ISBN 84-7492-683-1
.- MANCOMUNIDAD DE MUNICIPIOS DE LA COMARCA DE ORENSE.EDIT. EVEREST. 1994
ISBN 84-241-9669-4
.- ARREDOR DA HISTORIA DE GALICIA: ENSAIOS SOBRE O SEU ENSINO E O NACIONALISMO
EDITORIAL ESPIRAL MAIOR. A CORUÑA – 1997.ISBN 84-89814-27-9
.- ANÁLISE TEMATICA E SIGNIFICACIÓN HISTÓRICA DO “BOLETÍN DE LA COMISION DE MONUMENTOS DE ORENSE”. EDITA GRUPO MARCELO MACIAS. BOLETIN AURIENSE. ANEXO 23. OURENSE – 1998. ISBN 0212/3183
.- MUÍÑOS: NATUREZA VIVA. LOBIOS: NATUREZA E HISTORIA. EDITA ALVA GRAFICA. A CORUÑA – 1998. D.L.: C-1140/1998
.- COLES E A PEROXA. EDITA: ALVA GRAFICA. A CORUÑA – 1999. D.L.: C-1460-1999
.- MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. O HOME E O SEU CONTEXTO (INCLÚE BIOGRAFÍA INÉDITA ESCRITA POR JUAN XESTA) (EDITOR). EDITORIAL DUEN DE BUX. OURENSE – 2001.
ISBN 84-932078-0-2
.- MEMORIAL JUAN XESTA.EDITA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE. 2003.
ISBN OU-133/2003
CAPÍTULOS DE LIBROS
.- “A ALTA LIMIA (APARTADO DE HISTORIA)” EDITORIAL: IR-INDO. VIGO - 1993
ISBN 84-7680-129-7. PÁXINAS: 67 - 81
.- “A BAIXA LIMIA (APARTADO DE HISTORIA)” EDITORIAL: IR-INDO. VIGO - 1996
ISBN 84-7680-231-5. PÁXINAS: 65 - 77
.- “O BAIXO ARNOIA (APARTADO DE HISTORIA)” EDITORIAL: IR-INDO. VIGO - 1998
ISBN 84-7680-269-2. PÁXINAS: 87 - 114
.- “IDENTIDADE CULTURAL E MEMORIA COLECTIVA NA LIMIA” .LETHES I. EDITORIAL: CENTRO DE CULTURA POPULAR DO LIMIA. OURENSE – 1999. ISBN OU-181/99. PÁXS: 26 – 31
.- “ELADIO RODRÍGUEZ. UNHA FOTOBIOGRAFÍA. 1864-1949. (DOCUMENTACIÓN HISTÓRICO-BIOGRÁFICA)”. EDICIONS XERAIS DE GALICIA S.A. VIGO – 2001.
ISBN84-8302-650-3. PÁXINAS: 16 - 60
.- “A HISTORIA NOS LIBROS QUE NON SON DE HISTORIA. ANÁLISE DO TRATAMENTO DA HISTORIA DE GALICIA NOS MANUAIS DE LINGUA E LITERATURA GALEGO DA ESO”. ENSINAR HISTORIA DE GALICIA. ASPECTOS HISTORIOGRÁFICOS E DIDÁCTICOS. EDITA I.C.E. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. 2002. ISBN 84-9750-032-6. PÁXINAS: 55 - 67
.- “ESTUDIOS SOBRE A LIMIA. REFLEXIÓN PARA A PRESERVACIÓN DA SÚA IDENTIDADE”. LETHES. EDITA CENTRO DE CULTURA POPULAR DO LIMIA. OURENSE. 2003.
ISBN 84-931816-2-5. PÁXINAS: 30 - 37
.- “O LUSISTA”. VICENTE RISCO, O MESTRE SEMPRE VIVO. EDITA LA VOZ DE GALICIA. A CORUÑA. 2003. ISBN 84-9757-111-8. PÁXINAS: 133 - 140
.- “REPENSANDO O CAMBEDO” O CAMBEDO DA RAIA 1946, SOLIDARIEDADE GALEGO-PORTUGUESA SILENCIADA.EDITA ASOCIACIÓN AMIGOS DA REPÚBLICA DE OURENSE. 2004. ISBN 84-930299-2-0. PÁXINAS: 9 - 22
ACTAS DE CONGRESOS
.- I ENCUENTRO DE INVESTIGADORES DEL FRANQUISMO
A formacion dun profesorado adicto.
.- II ENCUENTRO DE INVESTIGADORES DEL FRANQUISMO
A funcion ideolóxica do exercito segundo a lectura do manual "Ciclo de conferencias a la tropa"
.- I CONGRESO DE HISTORIA DEL TIEMPO PRESENTE
De la inadaptación de la asignatura de "Historia de España" a la estructura del estado. El problema de las naciones periféricas: el caso de Galicia. ISBN 84-86782-32-5. TOMO: I. PÁXINAS: 341 até 344
.- IV SIMPOSIUM DE HISTORIA ACTUAL
La realidad en la ficcion: una aproximacion a la realidad de la frontera luso-ourensa en el primer franquismo.-ISBN 84-9574-77-4. TOMO II. PÁXINAS: 573 até 584
.- II XORNADAS DA HISTORIA DO MUNDO DO TRABALLO
Conflitividade social en "Xente ao lonxe". D.L.: OU-152/2004. PÁXINAS: 35 até 42
.- V SIMPOSIO DE HISTORIA ACTUAL "LA RIOJA, ESPAÑA, EUROPA"
La Revolución de los Claveles. El 25 de Abril en"La Voz De Galicia". ISBN 84-95747-43-X. PÁXINAS: 293 até 306
.- III SIMPOSIUM DE HISTORIA ACTUAL
TÍTULO DA PONENCIA: Allariz: conflicto y transformacion en la era González. ISBN 84-95747-23-5. TOMO II. PÁXINAS: 751 até 768
.- VIII XORNADAS DE HISTORIA DE GALICIA
Historia local que non localista .ISBN 84-87575-33-1 – ANEXO. PÁXINAS: 5 até 13
.- CONGRESO INTERNACIONAL "O EXILIO GALEGO"
Manuel Martínez-Risco: de Ourense a París. -ISBN 84-8485-234-2. TOMO: I. PÁXINAS: 469 até 478
.- PATRIMONIOS E MEMORIAS
Coñecer o noso patrimonio, salvar a nosa identidade. ISSN 0874-1123. TOMO: 10-11. PÁXINAS: 103 até 109
.- A REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA
O silencio ou a represion do sentimento. ISBN C-998-2004. PÁXINAS: 139 até 155
.- V CONGRESO INTERNACIONAL DE LITERATURA ESPAÑOLA CONTEMPORANEA
Literatura e oralidade na recuperacion da memoria histórica: o asalto de Cambedo.
ISBN 84-95600-28-5. PÁXINAS: 295 até 301
.- O LOCAL COMO RECURSOS DIDACTICO NA INTERCULTURALIDADE
A fronteria, o local e o global. D.L.: OU-7/2006. PÁXINAS: 8 até 14
.- A II REPUBLICA E A GUERRA CIVIL
A guerra continua en Francia. ISBN C 2868-2006. PÁXINAS: 523 até 533.
.- AS FRONTEIRAS E AS IDENTIDADES RAIANAS ENTRE PORTUGAL E ESPAÑA.
A fronteira encontrada. ISBN 978-97-669-846-3. PÁXINAS: 29 até 35.
.- A Literatura refuxio da memoria. Relacións e solidariedades raiotas no universo literario. Pendente de Publicación
.- Simboloxía e transmisión do concepto historiográfico do franquismo no sistema monetario. Pendente de Publicación
ARTIGOS EN REVISTAS
.- “A RECEPTIVIDADE DO PROCESO ESTATUTARIO GALEGO NAS INSTITUCIÓNS SOCIAIS”
GRIAL Nº 79. PÁXINAS: 102 – 106. GALAXIA.VIGO – 1983. ISSN 0017-4181
.-“A INICIATIVA DO CONCELLO DE SANTIAGO E O RELANZAMENTO DO PROCESO ESTATUTARIO NA II REPÚBLICA”. GRIAL Nº 97. PÁXINAS: 369 – 373. GALAXIA. VIGO - 1987
ISSN 0017-4181
.- “A CLASE MEDIA EUROPEA NAS VIÑETAS DE TINTÍN”. REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN Nº 10. PÁXINAS: 39 – 42. EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA. VIGO.1989.
ISSN: C-22/1986
.- “DUAS VISONS DIFERENTES DO SENTIR NACIONAL. CORAÇOM DE AMICIS E MEMORIAS DUN NENO LABREGO DE NEIRA VILAS”. AGALIA Nº 22. PÁXINAS: 189 – 195. AGAL. OURENSE – 1990. ISSN 1130-3557
.- “GALICIA, ¿TRADICION OU HISTORIA?”. A TRABE DE OURO Nº 15. PÁXINAS: 421 – 429. SOTELO BLANCO. SANTIAGO DE COMPOSTELA – 1993. ISSN OU D.L.: 1130-2674
.- “ACONTECEU NO CAMBEDO?”. A TRABE DE OURO Nº 16. PÁXINAS: 663 – 665. SOTELO BLANCO. SANTIAGO DE COMPOSTELA – 1993. ISSN 1130-2674
.- “A HISTORIA DE GALICIA NOS TEXTOS DE GALEGO DE BUP”. A TRABE DE OURO Nº 19. PÁXINAS: 397 – 406. SOTELO BLANCO. SANTIAGO DE COMPOSTELA – 1994. ISSN 1130-2674
.- “CONTRABANDO, ECONOMIA E EMIGRACIÓN”. A TRABE DE OURO Nº 22. PÁXINAS: 309 – 311. SOTELO BLANCO. SANTIAGO DE COMPOSTELA – 1995. ISSN 1130-2674
.- “O DISCURSO HISTÓRICO DE CAMILO NOGUEIRA”. A TRABE DE OURO Nº 31. PÁXINAS: 417 – 420. SOTELO BLANCO. SANTIAGO DE COMPOSTELA – 1997. ISSN 1130-2674.
.- “RESISTENCIA AO ESTADO E ADAPTACION AO MERCADO. UNHA CARACTERIZACIÓN DOS MOVEMENTOS SOCIAIS NA GALICIA RURAL CONTEMPORANEA: 1808-1997”. ARQUIVOS DA MEMORIA Nº 3. PÁXINAS: 15 – 33. COLIBRÍ. PORTUGAL.1997.ISSN 0874-1123
.- “A DISCIPLINA DE HISTORIA NO ESTADO ESPAÑOL: ANÁLISE DO DEBATE SOBRE A REFORMA DAS HUMANIDADES”. ARQUIVOS DA MEMORIA Nº 6/7. PÁXINAS: 83 – 91. COLIBRÍ. PORTUGAL – 1999. ISSN 0874-1123
.- “SAN VINTILA DE PUNXIN. ANALISE DUNHA FESTA”. BOLETIN AURIENSE Nº XXX. PÁXINAS: 245 – 253. GRUPO MARCELO MACIAS. OURENSE – 2000.ISSN 0210-8445
.- “COÑECER O NOSO PATRIMONIO, SALVAR A NOSA IDENTIDADE”. ARQUIVOS DA MEMORIA Nº 10/11. PÁXINAS: 104 – 109. COLIBRÍ. PORTUGAL – 2001. ISSN 0874-1123
.- “O PAPEL DAS VILAS RAIANAS NO ESTRAPERLO. O CASO DE RIVADAVIA”.BOLETIN AURIENSE Nº XXXII. PÁXINAS: 229 – 253. GRUPO MARCELO MACIAS. OURENSE – 2002.
ISSN 0210-8445
.- “PODER E EDUCACIÓN. IDENTIDADE E PATRIMONIO”. A TRABE DE OURO Nº 54. PÁXINAS: 169 – 180. SOTELO BLANCO. SANTIAGO DE COMPOSTELA – 2003. ISSN 1130-2674.
(Lugo, 1961)
Artesán ; a súa produción céntrase fundamentalmente na realización de pezas relacionadas co patrimonio cultural galego: reproducións de cerámica campaniforme, castrexa e romana así coma reproducións arqueolóxicas en bronce. Tamén fai maquetas representativas da nosa arquitectura tradicional.
As súas pezas atópanse en diferentes museos de Galiza e nas tendas de artesanía.
Colaborou na creación do Museo etnográfico de A Fonsagrada de cuxa directiva forma parte na actualidade.
(Castrofeito-A Coruña, 1950).- Antropólogo. Profesor de Antropoloxía Cultural na Facultade de Filosofía da U. de Santiago. Especialista no estudo do simbolismo na cultura popular cunha nova visión máis acaída á nosa personalidade e características. Antropoloxía de Galicia, Autobiografía dun labrego, Las romerías/peregrinaciones y sus símbolos, ou Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechúa –produto dunha estancia entre os indios bolivianos– son só unha parte da súa ampla obra.
(Lugo,1.958)
Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela. Preside e dirixe o Colectivo Cultural María Castaña de Lugo.
Iniciase no baile galego no ano 1975 na Agrupación Cantigas e Flores de Lugo.
Membro fundador e Presidente da Asociación de Profesores de Baile Tradicional Galego e membro fundador da Agrupación Folclórico Cultural Reviravolta.
Entre a súa ampla obra destaca o Vídeo Libro, Método de baile galego I (iniciación) editado por Ophiusa en 1995 (en colaboración), A etnografía e o folclore galego na educación artística (2004).
Luís Hixinio Flores Rivas (Balmonte, Castro de Rei, Lugo, 1960), fotógrafo afeccionado que movido polas diversas manifestacións da cultura popular e por eses espazos humanizados, testemuños dun estilo de vida que desaparece, dedica parte do seu tempo libre a fotografalos.
Ten recibido diversos premios, entre eles o primeiro nos Certámenes de Fotografía sobre Cultura Popular nos anos 2004 e 2006. Tamén fixo exposicións individuais no Museo do Pobo Galego, Museo Provincial de Lugo, Verbum (Vigo) e na Casa de Galicia de Madrid.
María Pilar García Negro (Lugo, 9 de Outubro de 1953) é doutora en Filoloxía Románica e profesora da Universidade da Coruña. 33 aproximacións á literatura e á lingua galega (en colaboración con Xosé María Dobarro), O galego e as leis. Aproximación sociolingüística, O ensino da língua. Por un cámbio de rumo (en colaboración con Xoán Costas Casas), Sempre en galego, Direitos lingüísticos e control político, Arredor de Castelao, a edición de Rosalía de Castro de A.G. Besada ou a edición crítica da Poesía Galega de Lamas Carvajal son algúns dos seus títulos. É autora de numerosos ensaios, estudos e artigos sobre sociolingüística e literatura e literatura galega.
Colaboradora da AS-PG, da Federación de Asociacións Culturais Galegas e doutras entidades internacionais, foi delegada na Galiza (1985-1990) do Bureau européen pour les langues moins répandues e é membro do Comité Científico da Declaración Universal de Direitos Lingüísticos. Foi deputado polo BNG no Parlamento de Galiza entre 1989 e 2003.