Xoves, 16 Xaneiro 2020 17:16

Conferencia de Ramón Reimunde Noreña. “Carballo Calero e a renovación didáctica do Colexio Fingoi”.

14 de xaneiro de 2020

Con esta conferencia do profesor Ramón Reimunde Noreña, catedrático de Lingua e Literatura Galega de Ensino Secundario, comezaron as actividades do ano 2020 que dedica o Día das Letras Galegas ao que foi director do Colexio Fingoi, fundado en Lugo por don Antonio Fernández no inicio dos anos 50 en plena dictadura, o que supuxo non só unha novidade no método senón tamén unha excepción, único en Galicia pola súa concepción do ensino seguindo o modelo da Institutción Libre de la Enseñanza, liberdade de pensamento, mixto, laico e nova relación mestre alumno, anque coas limitacións dos anos 50.

Comezou Reimunde Noreña alertando do que quedaba por ver neste ano no tocante á utilización do persoeiro, querendo adaptar as súas posición políticas e lingüísticas. Haberá moitas homenaxes e actos, conferencias, dous congresos, reedición de obras, libros sobre o autor, e reeditarase "Cativerio de Fingoi", ampliado do que é autor, escrito nos anos 90 é publicado pola Deputación no ano 2010. Por fin, despois de estar agardando 30 anos a Academia Galega dedica o Día Das Letras ao que cualificou como o máis importante lingüista galego do século XX que tocou todos os xéneros.

 

Ricardo Carballo Calero, un galeguista represaliado, foi o director que don Antonio Fernández puxo ao fronte do Colexio de Fingoi entre 1951 e 1965 cando pasou á Universidade de Santiago como profesor da primeira cátedra de Lingua e Literatura Galega da que foi titular. O colexio estaba situado daquela no rural, no medio da natureza, cunha paisaxe fermosa preto do Miño. As instalacións xa era singulares proxectadas polo arquitecto Gómez Román. O edificio principal inspirado nun pazo, con aulas, biblioteca, comedor, capela, dous campos de deportes, taller de oficios manuais, garaxe, laboratorio xeolóxico e edafolóxico en edificio aparte xunto ao parque de froiticultura, xardinería e forestal, estanque, zona de parcelas de horticultura para que os alumnos fixesen cultivos, e dependencias para aves, coellos, porcos e colmeas, todo o necesario para desenvolver un ensino onde os nenos e os rapaces aprendían sen libros de texto, onde Carballo viviu "unha marabillosa experiencia docente chamada Fingoi". A educación era galega, de sutil tendencia galeguista, con alusións a autores galegos en Literatura, recitais de textos galegos, obras de teatro, actividades folclóricas, aulas de danza galega e gaita, co viaxes por toda Galicia os domingos durante o curso e ao rematar polo resto de España. Tratábase de galeguizar un ensino españolista, algo insólito naqueles anos da dictadura.

Canto á pedagoxía, o Colexio era algo que semella ter acontecido noutro país máis adiantado capaz de producir un pequeno paraíso pedagóxico, un oasis de formación integral e liberdade didáctica, nun lugar tan tradicional e atrasado en materia educativa como Galicia.

Parouse o conferenciante en tratar de ver a diferencia entre pedagoxía, como ciencia teórico-prática da educación, e didáctica. Aparentemente, pedagogia e didática son o mesmo, referidos a ese difícil arte de ensinar ben, mais non son exatamente o mesmo no concepto. A pedagoxia é teoria complexa, e a didática é prática metodológica. Carballo Calero como profesor era un bo didacta e un mal pedagogo porque non estaba á altura dos alumnos, non os entendía, non obstante cualificouno como bo profesor e mestre pero que infundía no alumnado, incluso no universitario, temor e respecto. Era unha educación ríxida baseada na disciplina e o rigor. Daba leccións maxistrais que posiblemente non entendías os nenos, pois ás veces tampouco o entendían os seus alumnos na Universidades, anque exerceria mellor como profesor de alunos maiores que foi a partir de 1965, o primeiro catedrático de Língua e Literatura Galega da USC.

Na didática do Colégio Fingoi como arte ou técnica de ensinar, como parte da Pedagogia que se ocupa dos métodos e técnicas de ensino, interviñan cuatro elementos:

O professor e o alumno.

A disciplina ou materia.

O contexto de aprendizaxe.

As estrategias metodolóxicas.

Don Antonio Fernández quería o mellor colexio para os doce fillos que tiña, para a familia e para os amigos, e por suposto, para moitos nenos e nenas lucenses, investindo importantes sumas de diñeiro nunha educación de elite, para os fillos das elites de Lugo, pois había que pagar 800 pesetas ao mes polo ensino en réxime de media pensión, moitos anos antes de que isto se considere rendíbel.

Era unha educación galeguista pois alí estiveron profesores represaliados e apartados da cátedra polo franquismo, como Vicente Devesa, Avelino Pousa Antelo e outros. O número de alumnos non podía pasar de 20, cultivaban a música, danza, representáronse moitas obras de teatro en galego, latín e castelán, prescindíase da erudición libresca, non había libro de texto pero había libros para consulta e lectura. Facían excursións, saídas á Granxa Escola de Sarria e creouse o Centro de Estudios de Fingoi que publicou varios libros.

Don António Fernández (1903-1971), foi um dos mellores lucenses. Enxeñeiro de Camiños de família folgada e ben preparada para os negocios, estudara en Madrid entre 1920 e 1930, onde tamén se fixera aparellador, sendo creador de empresas como Celtia, Transfesa, Cementos Cosmos, Calfensa, Prebetong e Cegrán; emprestou grandes serviços à cultura galega com empresas culturais como o Museu de Lugo, o Taller de Gaitas, os Cursos Agropecuários da Granxa-Escola de Barreiros, os Cursos de Primavera do Círculo das Artes, o Centro de Estudios Fingoi coas publicacións e bolsas para estudantes e coa súa participación na fundación da editorial Galaxia,

Dixo que era un home de negocios, de vida sinxela, un mecenas e un servidor da cultura que concedeu moitas bolsas para estudiantes na universidade. Presentábase no Colexio para tratar con Carballo as cuestións relativas ao centro e despois había contraste de opinións, chegando á discusión. Don Ricardo viviu moita tensión polo colexio, que esixía a súa atención constante, sobre todo na negociación económica co profesorado, que era o mais difícil xa que don António tinña, como bo empresário da família Fernández, unha forma moi especial de pagar e de contratar de palabra, pagava pouco e non había pagas extraordinárias, por consideralo u invento franquista.

O Colégio Fingoi, foi discutido en Lugo, tachado de progressista e esquerdoso quando a sua ideoloxía era conservadora, ollado con reticencias polo seu galeguismo, acusado despectivamente de idealista polos técnicos do ensino oficial, de pouco formador en materias indispensables para un estudio técnico e con saídas laborais, quando era prático, salientando o inconveniente de ser caro, fronte à gratuidade do ensino oficial, cuando proporcionaba bolsas para estudantes rurais e non era só de alumnos ricos de famílias “progres” como se pensaba, ignorada polas institucións e polos xornais a sua originalidade e peculiaridades por ser mixto e laico, e depois de tudo, castigado pela sociedade luguesa que non mandaba os seus fillos a estudiar ali.

Foi o amigo e o protector, un idealista fronte a un pedagogo que dicía que "fago as cousas porque hai que facelas, non para saír nos periódicos". Fundamentábao todo sobre as ciencias naturais.

Rematou dicindo que o Colexio de Fingoi foi unha experiencia innovadora na época con independencia e neutralidade e que a figura de don Ricardo despois de 30 anos de ostracismo oficial, é unha estrela na constelación das nosas letras que brilla con luz propia e poderosa, uma luz tan intensa que non será posible apagar e ocultar polos seus detractores, como alguhas institucións pretenden por non estar de acordo coas súas ideas dos últimos dez anos, plasmadas felizmente en moitos libros, sobre a integración da nosa língua milenária na lusofonia internacional en cuanto a súa escrita, non a súa pronúncia, seguindo a traxectoria clásica do galeguismo máis tradicional e auténtico, do Partido Galeguista e de Castelao.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO