Domingo, 26 Mai 2019 08:10

Conferencia de Claudio Otero Eiriz sobre “A industria do curtido na provincia de Lugo”

24 de maio

O conferenciante analizou a industria dos curtumes no marco territorial da provincia de Lugo e no temporal da Idade Contemporánea. Para iso dividiu a intervención en tres grandes eixes: comezou facendo unha introdución, pasando despois ao estudo da historia da industria dos curtidos lugueses e a analizou o seu patrimonio industrial.

Na introdución, relatou brevemente os principais aspectos da historia deste sector industrial en Galicia, que coincide plenamente co acontecido na provincia de Lugo. As fábricas de curtumes constituíron durante o século XIX, a carón das que elaboraban sardiña salgada, a única especialización non agraria da economía galega. Chegaron a representar máis da cuarta parte da produción española do sector e tiveron un amplísimo esparexemento polo territorio, de xeito que un de cada catro concellos contou como mínimo con algún curtidoiro e case que todas as comarcas tiveron establecementos desta caste.

Pero desde a década de 1880 o sector foi incapaz de adaptarse a riola de mudanzas na tecnoloxía e nos mercados que se producen por aqueles anos. Como resposta a eles, especializouse nas producións máis tradicionais (o alcumado “curtido antigo”), encetando unha orientación cara nichos de mercado igualmente tradicionais aos que ligou a súa sorte. Estes nichos foron, pola súa volta, esmorecendo ata que a crise da agricultura tradicional e a transformación dos hábitos de consumo de calzado volveunos irrisorios. Dos máis de 170 establecementos fabrís que existían a remates dos anos 1950, trinta anos máis tarde quedaban só 11.

No que atinxe ao segundo dos eixes da exposición, o conferenciante aproveitou o contido adiantado na introdución, centrando o relato en destacar aqueles elementos máis salientables das localidades luguesas onde xa se desenvolveu unha investigación local sobre a temática da conferencia, principalmente, os concellos de Alfoz e Chantada.

Finalmente, no terceiro dos eixes da exposición, analizou o patrimonio industrial que esta actividade deixou chantada no territorio. Por unha banda, estudou os principais elementos constructivos que van coincidir cos da chamada arquitectura popular galega, na provincia de Lugo maioritariamente madeira, pedra de cachotería de xisto e cubertas de lousa. Por outra banda, analizou a estructura interna dunha fábrica de curtumes luguesa que aquí si que vai coincidir co que era habitual no resto do país. Rematou analizando o patrimonio industrial moble que xerou a actividade curtidora, sobre todo o senlleiro muíño de esmagar a casca turrado por cabalaría.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea anual +

    Día 10 de decembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Asemblea anual. Renovación da xunta directiva. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO