Xoves, 18 Outubro 2018 17:41

Conferencia de Xusto Beramendi González, profesor da USC, "As Irmandades da Fala: un punto de inflexión na historia de Galicia 15 de outubro

No período comprendido entre a Guerra Europea e a civil española (1918-1939), experimentouse un cambio profundo, na música, vestimenta, mentalidades, sistemas políticos, revolución Rusa, aparición do comunismo e dos fascismos, nacemento dos nacionalismos, un mundo en constantes cambios tanto na arte como na arquitectura, producíndose unha crise do sistema. En España estase na fase final da restauración alfonsina non democrática, monopolizada por dous partidos, o liberal e o conservador que se alternaban no poder. Aparece o nacionalismo catalán, o vasco e o español. O movemento obreiro anarquista e socialista atacaba o sistema. A primeira folga xeral ten lugar en 1917.

En Galicia, cun 70 % de poboación rural, hai algún movemento modernizador, pero predomina o atraso e a emigración a América. Desde 1900 a 1923, inicio da dictadura de Primo de Rivera, os deputados electos eran ou liberais ou conservadores. Houbo algunha excepción a nivel municipal, pois na Coruña gañaron os republicanos pero o alcalde era nomeado por Real Orde. A lingua estaba proscrita nos usos públicos. As clases medias e altas estaban castelanizadas e as populares mantiñan a identidade galega o que ocorrerá ata o final da dictadura de Franco.

As Irmandades parecían unha continuación do rexionalismo, pero houbo persoas que non se conformaban con iso pensando no nacionalismo catalán, unha nación de seu. Na I Asemblea celebrada en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918, vence o nacionalismo, aprobándose un manifesto-programa, o que supón un paso cualitativo xa que é a primeira organización que afirma que Galicia é unha nación, un suxeito lexítimo de soberanía, pois antes era un suxeito máis do soberanismo español. Quen mellor teoriza é Vicente Risco seguindo a manuel Murguía. Hai unha negación, se Galicia é unha Nación ¿que é España? Había a vía da separación, que propoñía Sabino Arana, ou a reformulación dese Estado, unha España federal ou confederal que é a vía que escollen as Irmandades. Só na emigración aparecen grupos marxinais independentistas. Disto deriva un modelo de Estado español descentralizado. O nivel de competencias para as nacións é altísimo seguindo o modelo de Frances Pi i Margall. Para o federalismo nacionalista o suxeito son as nacións, non os individuos, que dá lugar a un Estado plurinacional.

A lista de competencias que figuran no manifesto de Lugo eran amplísimas. Á federación quedábanlle, entre outras competencias, Exteriores, o Exército, a moeda, as relacións co mercado e coas federacións. Pedían un sistema electoral proporcional e o sufraxio feminino, eliminación das deputacións por consideralas un niño de caciquismo. Nas eleccións non serían elixibles o que non tivese unha profesión para evitar aos políticos profesionais. Tamén tiñan un proxecto económico, propoñendo a eliminación do foro, melloras na agricultura, crédito agrícola, creación de cooperativas, sindicatos agrarios, banca pública, medidas de protección social, etc. O gran obxectivo era a construción social da nación galega. Para iso establecíase o galego no ensino e na función pública, institucionalizándose a parroquia. Pretendíase que os partidos políticos non fosen sucursais de Madrid.

¿Que conseguiron os irmandiños? As Irmandades funcionaron entre 1916 e 1931, agás do período da dictadura de Primo de Rivera, polo que o tempo efectivo de actividade foi de 9 anos. Instaura o monolingüísmo en galego nas súas actividades, pois antes facíano en castelán e o galego só se utilizaba na poesía, pero non conseguiron introducilo no ámbito público. No plano cultural conseguiron o II Rexurdimento, aparece a revista Nós e unha producción literaria de novelistas e dramaturgos, fóra da poesía. Tamén houbo un intento dunha prensa en galego, como o Diario de Galicia (1922-26) en Vigo, que foi o primeiro xornal non local bilingüe. Non desapareceu por falta de público lector senón por Primo de Rivera.

Elaboraron un corpus completo para o fundamento do nacionalismo. No avance sociopolítico fracasaron por causas endóxenas, por ser máis teóricos que prácticos, tensións internas, e esóxenas. Coa chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer entre 1930-31, as Irmandades agroman de novo reorganizándose en vinte localidades, e aparecen outras. Politicamente incluíronse na Orga e diluíronse. Son casos especiais as provincias de Ourense e Pontevedra onde houbo unha actividade política máis intensa. Na II República saen elixidos deputados Ramón Otero Pedraio por Ourense e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao por Pontevedra. Por primeira vez na historia de Galicia houbo dos deputados nacionalistas nas Cortes constituíntes.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO