Venres, 21 Xullo 2017 17:39

VIAXE Á ASTURIAS INDIANA

17 e 18 de xullo de 2017

Día 17

Ás 8 horas saímos de Lugo 28 socios da Asociación, para iniciar unha viaxe de dous días a Asturias, complementario do ciclo de conferencias dedicadas este ano a "Os Indianos". Ás 10,30 horas paramos en Pravia para tomar un café e recoller a dous socios que se atopaban en Asturias, Herminia Suárez Menéndez e Pedro Ferreiro Mazón, que nos acompañaron nesta primeira xornada. Despois trasladámonos á localidade de Somao para ver os edificios das escolas, o cinema, a igrexa e as vilas particulares, Casa de la Torre ou Casa Amarilla, chamada así por estar revestida con azulexos desta cor, obra modernista do arquitecto Manuel del Busto (1914) ; El Marciel; Villa Radis, de 1900, tamén con revestimento cerámico na fachada seguindo a tendencia do movemento inglés Arts & Crafts; La Casona, obra do arquitecto García Navas (1900) do mesmo xeito que o gran panteón con estilo de influencia do modernismo vienés Sezession, que se localiza no interior da leira.
Preto do límite con Cantabria, antes da comida en Colombres, visitamos o pequeno cemiterio da localidade, construído con diñeiro dos indianos, onde vimos algúns dos seus suntuosos mausoleos: como o da familia Fernández, ou do Conde de Rivadedeva e pola tarde visitamos o Museo da Emigración, da Fundación Arquivo de Indianos, instalado na Quinta Guadalupe de Iñigo Noriega, que ofrece unha ampla mostra tanto documental, como fotográfica, planos, obxectos, maquetas, estandartes, libros, etc, relacionados coa emigración asturiana e os seus centros sociais na América hispana. Tras esta visita percorremos El Redondo ou barrio alto da vila para ver os edificios máis representativos desta arquitectura, como a chamada Casa de Piedra, onde se atopa a Casa da Cultura, a Casa del Abuelo, a Casa Encarnada, etc.

Día 18

Ás 9,30 horas iniciamos un percorrido pola rúa Uría para ver algún dos edificios construídos por indianos, de estilo historicistas, modernistas e Art.Déco, pasando tamén pola basílica de San Juan el Real, proxectada polo que foi arquitecto municipal de Lugo, Luís Bellido González, levantado entre 1905 e 1915.
Visitamos ás 11 a sede da Xunta Xenral del Principau d´ Asturies, construído para Palacio da Deputación, con proxecto do arquitecto provincial Nicolás García de Rivero, inaugurado en 1910. Percorremos a parte pública do edificio visitando a Sala Martínez Mariña, a de Jovellanos, cos documentos que elaborou para deseñar o escudo do Principado, a Sala da Constitución, a Sala Argüelles, o Salón Europa e o Salón de Plenos.
Na Sala Argüelles fomos recibidos polo presidente do parlamento Pedro Sanjurjo González, que nos informou do traballo que realiza a institución. Un momento emotivo foi cando manifestou que era natural de Abres en Vegadeo, onde estivera de mestra unha das viaxeiras, Pilar Yáñez Lombarda, hoxe invidente, destinada no colexio onde estudou, o que serviu para que durante un intre lembrasen vivencias.
Ás 14 horas fixemos a comida na Capela Real do Hotel da Reconquista onde nos aloxamos. Primeiro tomamos un aperitivo e a continuación a comida, moi elaborada e moi ben presentada. Ás sobremesas o presidente Adolfo de Abel Vilela dirixiuse aos comensais para dicir unhas palabras destinadas a María Luisa Arias García, que nacera en 1933 nese establecemento e pasado o primeiros catorce anos da súa vida cando era inclusa. Viaxou con Lugo Patrimonio para coñecer como era agora aquel lugar. A vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos entregoulle un ramo de flores.
Polas tarde desprazámonos a Avilés para ver o centro de interpretación e a parte antiga do cemiterio de La Carriona, con magníficos mausoleos de indianos e tamén os do escritor Armando Palacio Valdés e o dos marqueses de San Juan de Nieva, realizado en 1902 polo escultor Cipriano Folgueras Doiztúa regresando a continuación a Lugo.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO