Domingo, 09 Xullo 2017 16:25

PLÁCIDO LIZANCOS MORA E ÓSCAR CASTRO GARCÍA FALARON SOBRE "A CASA DOS INDIANOS. ARQUITECTURAS E ALGO MÁIS"

O día 4 de xullo interviñeron no Ciclo dos Indianos, os arquitectos Plácido Lizancos Mora e Óscar Castro García, profesores da Escola de Arquitectura de A Coruña. Comezou Lizancos facendo unha introdución ao tema dicindo que a casa indiana supón un cambio en relación coa arquitectura vernácula. Retrotraeuse 25.000 anos para mostrar unha choza cuberta con ramas na que se acubillaba un emigrante da época. A casa ou vivenda de planta circular e cuberta de palla tráena os celtas. A casa dos romanos xa é diferente porque introducen o esquinado e a tella. Isto é a achega doutros emigrantes. Despois de 1492, os emigrantes que volven de América traen novos productos, como o maiz ou millo, dando lugar á casa comunidade de produción. En 1898 coa perda de Filipinas e Cuba ten lugar o fin do impero español, e os que voltan fan unha arquitectura que procede do mundo urbano, xentes opulentas que tecnifican a casa utilizando na construción o formigón e dotándoa de electricidade, auga corrente, cociña económica e xardín, que utilizan un proxecto arquitectónico feito por un arquitecto ou copiado duns modelos, dando lugar a unha vivenda singular que se aparta do que había, botando fóra da casa o gando e o fume. En 1973 a casa do emigrante retornado de Europa, Faise universal, é de todos. Hai unha última casa, o chalé de estilo neovernacular, que non ten que ver co anterior, tamén opulenta, pero máis complexa na distribución. A partir deste momento no medio rural hai unha sociedade heteroxénea xa que non todos os que viven nel son labregos. Prodúcese unha ruptura no equilibrio económico, paisaxístico e social.


Na conferencia Óscar Castro explicou o proxecto arquitectónico. Este tipo de arquitectura indiana, que se produce a finais do século XIX e primeiro terzo do XX, atópase na península Ibérica en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Cataluña, fundamentalmente. A pesar de ter emigración hai menos en Andalucía, Canarias e o norte de Portugal. En Galicia hai máis cantidade pero en Asturias é de máis calidade.
Non hai un estilo indiano, senón varios estilos que van desde o neoclasicismo ou Segundo Imperio francés, pasando polo eclecticismo, pintoresco, modernista, rexionalista, colonial, déco, racionalista.
A arquitectura indiana pode estar destinada á actividade edificatoria, como a construción de estradas e lavadoiros; arquitectura benéfico - altruísta, como as escolar e os asilos; publico - recreativa, como a destinada a cines e salas de baile; residencias, para inversión inmobiliaria e residencial; arquitecturas autóctonas modificadas á que se lle engaden elementos foráneos, algunha con cubertas planas,
Na época so había dúas escolas de arquitectura en España. a de Madrid e a de Barcelona da que saían seis arquitectos a ao ano. En Galicia habería uns dez arquitectos polo que aquí funcionaba a arquitectura de catálogo construída por un experto, ás veces baixo o control dun arquitecto.
En Galicia esta arquitectura concéntrase nas seguintes zonas: Mariña lucense e comarca de Ortegal; rías de Ares e Ferrol; comarca de Santiago e a Barcala; comarca Fisterra e Muros: comarca de Pontevedra, no interior. Ares, Fene e Mugardos teñen vivendas destas tipoloxías non indianas.
O legado que nos deixa este tipo de arquitectura son as vilas con xardín,que na actualidade, ao estar abandonadas por non podelas atender os propietarios, están destinadas a equipamentos públicos, incluso son públicos os xardíns, mediante convenios urbanísticos, destinados tamén para eventos en hoteis. No ano 2005 fixéronse en Oleiros vivendas apegadas tomando como modelo externo unha das tipoloxías de casa indiana.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ana Cabana, "Facer as Américas: Pedro Murias". +

    Día 12 de setembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Ana Cabana, profesora do Ler Máis
  • Anotacións para as viaxes do día 16 de setembro á Ría de Ribadeo, e do 28 e 29 de octubre a Las Edades del Hombre (Cuellar) e Valladolid. +

    De 19 e 20 h. anotacións para as viaxes do día 16 de setembro á Ría de Ribadeo, e do Ler Máis
  • Viaxe á Ría de Ribadeo (A Devesa, Ribadeo e Figueras). +

    Día 16 de setembro, sábado Viaxe á Ría de Ribadeo (A Devesa, Ribadeo e Figueras). Saída ás 8:30 horas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO