Axenda (251)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

Día 17 e 18: Viaxe a Salamanca, Alba de Tormes e Ávila para ver as exposicións de "As idades do Home" baixo o seguinte Programa:
Día 17, sábado: Saída ás 7 h. do lugar habitual con destino Salamanca onde chegaremos arredor das 12 h. A partir desta hora visitaremos o claustro renacentista das dominicas do convento de Las Dueñas e a Casa Lis. Xantar ás 14 h. e deseguido saída para Alba de Tormes. Visita ao capítulo V da exposición: "Filla da Igrexa". Basílica de Teresa de Xesús.
Ás 19 h. saída para Ávila onde teremos aloxamento e cea libre.

Día 18, domingo: Visita ás tres sedes da exposición "As idades do Home" "Teresa de Xesús mestra de oración":
I capítulo: "Conducinvos á terra do Carmelo", Convento de Nosa Señora de Graza
II e III capítulos: "Na España da Contrarreforma" e "As pobres descalzas de Teresa", Capela de Mosén Rubi.
IV capítulo: "Mestra de Oración", Igrexa de San Xoán Bautista.
Ao rematar regreso a Lugo, con xantar en Arévalo. Chegada a Lugo arredor das 22 h.
Anotacións o 2 de setembro na galería Sargadelos entre 19 e 20 h.

Conferencia da Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, sobre Pintores e pintoras galegas do século XIX, entrando no XX, como parte do ciclo que levamos durante este ano. No salón de actos da Deputación ás 20 h.

Sábado, 19 Setembro 2015 00:00

Viaxe a Albá (Palas de Rei)

Viaxe a Albá (Palas de Rei) da comarca da Ulloa, onde visitaremos a granxa familar, Granxa Arqueixal, dedicada á produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico. Ofrece tamén un grupo de casas rehabilitadas para turismo rural, ou para exemplo da vida labrega que se podía ver a principios do s. XX ou mesmo no s. XIX, como mostran de forma práctica na chamada casa da Rebordela. Comprobaremos así un novo xeito "de recuperar e salvagardar un proceso vivo, dinámico e sustentábel da cultura tradicional". Na súa páxina web, explican tamén que se utiliza o pasado "como un recurso renovábel, educacional, científico, artístico, promocional e económico". Xantar na propia granxa.
Iniciamos, con esta visita, outro tipo de viaxes prácticas e didácticas para comprobar os diversos xeitos que podemos ver da unión de cultura, economía, arquitectura, tradición e modernidade.
 Para consultar: http://arqueixal.com/agro/quen.htm
De permitilo o tempo faremos outras visitas desta comarca rica en todo tipo de vestixios, como é o exterior do Castelo de Pambre, Igrexa de Vilar de Donas...
Saída ás 9:30 h. da mañá do lugar habitual.
Anotacións o día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h.

 

Irene deixounos hai uns días e trátase de facerlle un humilde e sentido recoñecemento á súa obra e hospitalidade que sempre tivo con LugoPatrimonio.

Foi a voz do poeta irmán, Fiz Vergara, cando el non se podía expresar directamente, batalladora incansábel polo noso idioma, cultura e país, sen descanso e desde a grandiosa humildade que sempre a caracterizou. O seu sorriso e sosego ficarán connosco para sempre.

Saída de Lugo (Instituto Lucus Augusti) ás 9 h, con destino a Lóuzara, onde estaremos na casa deSantalla e no cemiterio para lle facer a Oferenda na compañía tamén da súa familia. Nese pequeno circundo tan cantado e andado pola Irene e polo Fiz, miraremos a Casa, o Muíño, o río Lóuzara e os montes apertados que gardan os seus xogos, risos e dores.

Despois sairemos para ver o Parque Arqueolóxico de Santa Mariña, lugar único more info polas corenta mámoas e tres gravados rupestres que conserva. Arredor das 13 h. chegaremos a Vilasouto onde, ao pé da igrexa románica e nas ribeiras do encoro, pasaremos o resto do día con xantar a base de empanadas, viño, doces e a copa de licor que tanto nos anima. E como o día o vai permitir, darémonos o baño de rigor nas augas mornas do río Mao.

Anotacións durante todo este mes de xullo no tfne. 676 800 227

Saída o día 9, xoves, ás 9 h. do Instituto Lucus Augusti

30 de maio 2015: Visita á igrexa románica de San Mamede de Vilasouto para ver as obras realizadas que acaban de rematar. É unha reivindicación conseguida polo traballo de LugoPatrimonio, os veciños da parroquia, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Bispado. Loce, agora, a igrexa, o seu lousado more info novo, os muros sen fendas e a fachada restablecida, freando así o estrago e a destrución á que estaba sometida. A esas institucións, Área de Cultura da Deputación de  Lugo e o seu representante Mario Outeiro, ao Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e aos veciños de Vilasouto pola axuda prestada, dámoslles o RAMO de LugoPatrimonio.

Aproveitaremos esta viaxe de medio día para ver tamén algún dos petróglifos da zona, o encoro de Vilasouto e a necrópole de santa Mariña.

Regresaremos a Lugo arredor das 14 h. Anotacións na páxina de LugoPatrimonio (lugopatrimonio.org) ou no tfne. 676 800 227 até o xoves día 28 de maio.

ROTEIRO guiado Por Felipe-Senén (Arqueólogo e Museólogo)

Saída do Instituto Lucus Augusti ás 8,30 h.

ARTISTAS DA PEDRA: ARREDOR DE ANTONIO PALACIOS

Trátase de furar e entrar na significación da pedra, como osamenta de Galiza: chan, casa, altar, campa... especialmente farase a través do arquitecto Antonio Palacios Ramilo (1976 Porriño -1945 Madrid)

Despois de deixar o ribeiro do Miño, a Cañiza, entraremos en terras de grandes monstros de pedra coroando a paisaxe, tamén de Músicos, Pontareas, para comenzar a viaxe guiada por:

1- Mondariz, a gran Fonte da Gándara (punto de encontro para os que veñan doutros sitios...logo trasladaranse a Porriño, onde os deixaremos finalmente ó remate da xeira)

2.- Porriño: obras xuvenis galegas de Palacios...e a súa sepultura, as canteiras de Atios

3.- Baiona, a súa Historia de Mar e Pedra e a Virxe da Rocha

4.- A casas galegas de Antonio Palacios en Praia América. O “brutalismo”arquitectónico

5.- O Templo Votivo do Mar en Panxón, summa teolóxica das pedras, os canteiros e as arquitecturas galegas. O Monte Ferro.

6.- O Plan  Palacios para Vigo

Día 13 e 14: Viaxe á Illa de Ons: consiste en pasar os dous días nas praias de Ons, con paseos a última hora da tarde e primeira da maña, pola fresca, para visitar lugares emblemáticos como a Cova do Inferno ou o cume do monte Centolo, furnas, castros, fauna da illa... O sábado ao solpor, gozaremos da posta do sol.

Saída do lugar habitual ás 7,30 h.

Día 3, mércores: conferencia do arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López, sobre Arquitectos e escultores do s. XIX, entrando no XX.

Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

De 19 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe con Felipe-Senén polas terras do Porriño, Panxón, etc. (día 4 de xullo).

Día 16, sábado: Viaxe á cidade da Coruña onde pasaremos o día para ver a Exposición de Picasso e o Castro de Elviña, tendo como guía a Felipe-Senén López.

Saída ás 8:00 h.

(Estaba programada a Vilanova dos Infantes á Romaría Etnográfica Raigame, pero esta suspendeuse polo asasinato do párroco e roubo da figuriña da Virxe de Cristal, outra xoia do noso patrimonio).

Páxina 18 de 18

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO