Artigos filtrados por data: Marzo 2024
Venres, 22 Marzo 2024 16:24

Táboa Redonda sobre Luisa Villalta

19 de marzo

Con motivo de ser Luisa Villata a protagonista do Día Das Letras Galegas, celebramos unha Táboa Redonda coa participación das poetas Eva Veiga Torre, Pilar Pallarés García e Pilar García Negro, profesora e especialista en literatura e lingua galega.

Abriu a mesa Pilar García Negro que actuou de moderadora, eloxiando o labor das outras dúas participantes, ás que, facendo un xuizo de profesora, cualificou como dúas grandes da literatura galega actual, dúas poetas de verdade cunha traxectoria ao servizo do país.

Pasou a falar de Luisa Villalta, (A Coruña, 1957-2004) da que dixo que debe ser celebrada como a escritora multixenérica. Esta cualidade emparéntaa co mellor da literatura clásica galega, avanzada no tratamento libre dos xéneros literarios e mais na alta estética conseguida en todos eles: poesía, prosa narrativa, teatro, ensaio, crítica literaria, xornalismo, atc. Foi, asemade, unha moi fina e perspicaz crítica literaria, así como asidua colaboradora en prensa, sendo moi lidas e apreciadas as súas columnas no semanario A Nosa Terra.

16 de marzo

Esta viaxe tiña como finalidade ver os xardíns e as fincas dos pazos de Oca, que conserva un exemplar de Camelia reticulata, dos máis antigos de Europa, de 12 metros de altura, e de Santa Cruz de Rivadulla, declarado xardín de excelencia e histórico, sendo o que ten máis árbores no Catálogo de Monumentos Vexetais de Galicia, con dezaseis.

Na entrada do Pazo de Oca a guía fixo unha introdución histórica sobre os diferentes propietarios cuxo orixe é unha torre do século XV, pertencente a Álvaro de Oca. A derrota do seu fillo Suero por Alonso de Fonseca, arcebispo de Santiago, deu lugar a confiscación do señorío que posteriormente pasou a María de Neira, viúva de Gonzalo de Luaces, escudo que están colocados sobre portas.

Día 19, martes

Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Pilar García Negro, Eva Veiga e Pilar Pallarés.

Día 16, sábado

Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h.

MARZO

Día 6, mércores

Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados. Prezo 40 €.

MARZO

Día 6, mércores

Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados. Prezo 40 €.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO