Xoves, 14 Novembro 2024 10:12

Conferencia de Ramón Yzquierdo Peiró sobre “Hospitalitas. A graza do encontro. Arte e hospitalidade na peregrinación a Compostela”

22 de outubro

O director do Museo da Catedral de Santiago e un dos comisarios da XXVII exposición das Idades do Home, na sé de Santiago, colaborando no proxecto a Fundación Catedral de Santiago, sendo a primeira vez que se fai en Galicia, e o outro lugar foi Villafranca, abordando conxuntamente o tema da Hospitalidade no Camiño desde unha perspectiva ampla que, no caso compostelán se focalizou no mundo das peregrinacións.

Primeiro falou da orixe destas exposicións organizadas anualmente desde 1988 pola Fundación de las Edades del Hombre, en diversas localidades da comunidade de Castela – León, moitas delas visitadas pola Asociación, e que agora cada dous anos ten dúas sés, unha delas fóra da comunidade.

A virtude de acoller ao próximo practícase desde o principio dos tempos como un vínculo que entrelaza ás persoas máis alo da súa procedencia, etnia ou crenza. A continuación, con proxección de imaxes, fixo un percorrido polos nove ámbitos ou capítulos:

1. Santiago, apóstolo e peregrino.

2. A peregrinación e a hospitalidade no mundo cristián.

3. Unha catedral para os peregrinos.

4. Os santos peregrinos.

5. Os peregrinos a Compostela

6. Hospitais, hospitaleiros e devocións na acollida do peregrino.

7. A hospitalidade das ordes relixiosas e militares.

8. As catedrais e a hospitalidade no Camiño.

9. Un camiño de acollida e solidaridade: a graza do encontro,

Detívose naquelas pezas máis significativas polo seu valor histórico, artístico ou mesmo etnográfico de cada capítulo.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Astorga +

    Día 26, sábado Viaxe a Astorga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Viaxe a Zaragoza e Tarragona +

    Do 5 luns ao 10 sábado Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Helena López Gómez sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”. +

    Día 13 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO