Sábado, 30 Outubro 2021 11:03

Conferencia de Fernando Arribas Arias sobre “Os cruceiros galegos”

26 de outubro de 2021
Nesta conferencia, a terceira dedicada aos Santuarios e cruceiros da Terra Chá,  o doutor Fernando Arribas Arias, especialista no patrimonio etnográfico referido aos cruceiros, cruces, petos de ánimas e esmoleiros, tratou de resolver algunhas dúbidas. A primeira é que se entende por cruceiros e cales son as partes deste monumento relixioso de carácter popular.
En segundo lugar abordou por que falamos de cruceiros galegos, se existen estes monumentos noutras partes do mundo ou é un unha construción típica da nosa terra. A resposta, dixo,  é que hai cruceiros en case todas as comunidades de España, se ben hai que constatar que Galicia é o país do mundo con maior número de cruceiros que, ademais, presentan unha gran variedade tipolóxica e cronolóxica, pois existen en Galicia cruceiros que van dende o século XIV ao XXI, feito que proba que o costume de levantar cruceiros segue aínda vivo na nosa terra.
Todo isto nos leva a afirmar que os cruceiros galegos son o monumento máis representativo da nosa paisaxe, monumento que se converteu nunha icona da nosa identidade como pobo.


En terceiro lugar analizou a orixe e espallamento dos cruceiros, facendo referencia, en primeiro lugar, ás teorías de Alfonso Rodríguez Castelao, autor de As cruces de pedra na Galiza e que foi a primeira persoa en facer un estudo científico sobre estes monumentos. Detívose nos pros e contras das súas teorías e nas novas correntes sobre a orixe e difusión dos nosos cruceiros.
A continuación ofreceu unha visión histórica e estilística dos cruceiros galegos, dende as primeiras obras góticas ata as máis recentes construcións, centrándose fundamentalmente na provincia de Lugo. Neste senso, fixo unha reflexión sobre os primeiros cruceiros góticos, se realmente eran cruceiros ou simples cruces.
Tamén reflexionou sobre os motivos do espallamento dos cruceiros en Galicia, feito que obedece, na súa opinión, a factores relixiosos e económicos. Fixo especial fincapé na aparición dos cruceiros monumentais e nos desencravos, obras moi representativas de Galicia.
Un apartado deste relatorio dedicouno aos estudos realizados sobre os cruceiros galegos, destacando especialmente as achegas de Bernardo Barreiro Vázquez Varela, do padre Atanasio López e, sobre todo, de Castelao. Tamén falou dos traballos realizados sobre estes monumentos na provincia de Lugo, así como  sobre a situación xurídica dos cruceiros.
O conferenciante rematou facendo unha reflexión sobre a importancia destes monumentos e sobre o seu significado na nosa cultura e rituais en torno aos mesmos.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO