Xoves, 20 Febreiro 2020 21:38

Viaxe a Rianxo acompañados de Felipe Senén para visitar os museos do Mar e a Casa Museo de Manoel Antonio

1 de febreiro

A primeira para fixémola en Padrón, o lugar lendario onde arribou a barca de pedra que desde Palestina trouxo o corpo de Santiago. Alí visitamos o conxunto do santuario de Santiaguiño do Monte (s. XV – XIX), onde, segundo a lenda, ía rezar o apóstolo despois de predicar.

Pasamos a Rianxo facendo a primeira visita guiada ao Museo do Mar instalado na chamada Casa do Coxo. Na sala do primeiro andar explicáronnos como se pescaba a sardiña ao xeito, así como os distintos tipos de embarcacións reproducidas en maquetas, como era o seu proceso construtivo, o deseño, as ferramentas que empregaban e os distintos sistemas de propulsión, estando tamén a trainera.

Como nese día coincidiu a ofrenda floral a Castelao con motivo do aniversario do seu nacemento. Participamos no acto despois de saír do Museo, nun día de choiva e pasamos despois ao Concello onde houbo unha homenaxe organizada pola Fundación Castelao na que interviñeron o alcalde e o presidente da referida fundación, rematando coa actuación dun grupo folclórico que cantou, entre outras composición, “A Rianxeira”.

Despois fixemos a visita á Casa Museo de Manuel Antonio, que é o primeiro enclave que abre ao público do proxecto "Academia Literaria de Rianxo", que consiste na musealización e posta en valor das casas de Manuel Antonio, Castelao e Rafael Dieste. Está situada na casa natal do poeta, na rúa de Abaixo, na que viviu até os dous anos e na que pasou frecuentes tempadas ao longo da súa curta vida. Coas explicación de Felipe Senén percorremos os tres andares. No baixo móstrase o Rianxo dos anos 20 mediante unha escolma de fotos antigas tomadas por Xosé Pérez, curmán de Manuel Antonio. No primeiro e segundo andar exponse a vida e obra de Manuel Antonio, xunto con referencias á época na que viviu, tanto desde o punto de vista político, como literario e social.

Rematada a xornada da maña e despois de xantar nun restaurante de Rianxo saimos ao cemiterio para ver onde está enterrado Rafael Dieste, trasladándonos a continuación ao concello de Boiro para visitar os castros de Punta Neixón e o Centro Arqueolóxico do Barbanza. Os castros datan dos s. V a. C ao IV d. C., onde se dan a habitacionalidade, a metalurxia e os espazos rituais. Atravesando o Castro Grande chegamos ao Pequeno, ambos os dous comprenden un período de ocupación desde finais da Idade do Bronce hasta la época tardorromana. Foron escavados por Florentino López Cuevillas nos anos 20 do pasado século e por Fernando Acuña Castroviejo na década dos 70, participando o noso acompañante, Felipe Senén. Houbo unha campaña posterior a cargo de Xurxo Ayán Vila nos anos 2003 a 2008. Pasamos a continuación a visitar o Centro Arqueolóxico recibindo as explicacións pertinentes do arqueólogo encargado do mesmo Victor Barbeito sobre as maquetas e os anacos de cerámica, de bronce, ferro, ósos de animais conchas, que nos dan información sobre o intercambio comercial, a alimentación e a actividade metalúrxica dos habitantes destes castros. Rematada a visita regresamos a Lugo.

 

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO