Martes, 06 Novembro 2018 21:37

VIAXE A MARROCOS. De Tánxer a Tafraut e Marraquech

Nº 1. TÁNXER

Cidade dominada polos europeus (portugueses, españois, ingleses desde o s. XV a practicamente o XX. Foi protectorado francés e declarada en 1923 zona internacional, con liberdade comercial e igualdade económica das potencias estranxeiras. Tivo, pois, grande influencia europea que se nota aínda hoxe nun simple paseo polos zocos, a medina ou a zona moderna. Nos anos 40 do s. XX a cidade énchese de escritores e artistas estranxeiros, Jacques Majorelle, Tenesse Willians, Jane Auer, Paul Bowles que vive nela durante varios anos, ou Jean Genet. Pintores como Matisse, Delacroix ou Kees van Dongen, son grandes amantes desta cidade tamén e mesmo chegan a vivir nela, tendo unha grande presencia na súa obra. Pasear o Zoco Grande e o Chico, a medina, a casbah, esas rúas azuis ateigadas de tendas e obradoiros de artesanía, os cafés como o Gran Café de París que viviron conversas e historias dos artistas que aínda hoxe se seguen contando, como fixo no seu momento o escritor rifeño, Mohamed Chukri en moitos dos seus libros; o porto ou a mesma cidade moderna, deixará no viaxeiro e viaxeira ese desexo de volver para desfrutar con tempo e explorala máis.

A pouco quilómetros de Tánxer gusta asomarse ao mar, ou aos mares, pois hai un punto no que se unen o Atlántico e o Mediterráneo, preto do cabo e Faro Espartel e dunhas Covas de pedra calcárea onde se di que Hércules descansou dos seus xigantescos traballos, daí o seu nome, Covas ou Grutas de Hércules. O interior chama a atención polos centos de marcas circulares deixadas pola pedra extraída para a fabricación de moas.

Deixamos constancia do que contamos nas 17 fotos tiradas no día da visita a esta cidade, 3 de outubro do 2018.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO