Mércores, 24 Xaneiro 2018 18:43

Viaxe a Ourense e Arboiro

20 de xaneiro

Entre as 11 e as 13,30 horas visitamos en Ourense a exposición In tempore sueborum, sobre o reino suevo instalada en tres sedes. Comeza no Centro Cultural Marcos Valcárcel co apartado "Desconstruindo aos bárbaros. Entre o mito e a realidade"que tenta explicar o tempo dos suevos na Gallaecia (411-585), partindo das grandes migracións, mais que invasións, a través de obxectos procedentes de enxovais funerarios procedentes de dezanove museos de distintas partes de Europa. Desmitifica o termo "bárbaro" utilizado interesadamente polos romanos. A creación do Reino Suevo "o primeiro reino medieval de occidente", encadrase nos movementos que tiveron lugar en Europa entre o século IV e VI.

Na igrexa de Santa María Madre, trátase "Cristianización e territorio na Gallaecia da época sueva". Cando os suevos, vándalos e alanos se asentan neste territorio a comezos do século V. a cristianización achábase nunha fase inicial de implantación. Os inicios e o desenvolvemento fíxase entre os séculos IV e primeira metade do VI, na que conviven as prácticas pagás coa cristiás. A partir do século VI prodúcese o quer chaman "efecto san Martiño" debido ao seu apostolado, sendo o "Parroquial Suevo" un exemplo deste efecto.

No chamado Museo Municipal está o apartado titulado "Convivindo cos suevos na Gallaecia", onde se explica que a desaparición da estructura político administrativa romana non inflúe nas estructuras de poboamento e nos patróns de asentamento característicos da época tardo romana, e dicir, do mundo castrexo. Os asentamentos de chaira, como villae e vici, tamén prolongaron a súa ocupación. Nas civitas que se transforman en sedes episcopais a cristianización da lugar ao inicio da cidade medieval.

Pola tarde a partir das 17 horas visitamos a Casa das Rodas aberta no ano 2011 polo escultor Florencio de Arboiro, que recolleu e adquiriu un bo número de rodas de afiar de distintos tipos e procedencias, así como un numeroso material fotográfico sobre o tema. Unha iniciativa privada de enorme mérito e interese, ignorado polo estamento oficial. Tamén presenta materiais relacionados con oficios ambulantes da comarca, como o de capador e quincalleiro. Nesta visita estivemos acompañados polo etnógrafo e membro da Asociación José Manuel González Reboredo. Ao rematar a visita o presidente Adolfo de Abel Vilela felicitou e agradeceu a Florencio por ter rescatado e preservado este patrimonio material y que lle lo mostrase.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Santiago de Compostela para a vista homenaxe ao Museo do Pobo Galego unha vez cumpridos os seus 40 anos de vida. +

    Día 24 de novembro, sábado ás 9 horas Viaxe a Santiago de Compostela para a vista homenaxe ao Museo do Ler Máis
  • Asemblea anual e festa dos socios no lugar que se comunicará con antelación. +

    Día 15 de decembro, sábado ás 10,30 horas Asemblea anual e festa dos socios no lugar que se comunicará con antelación. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO