Venres, 17 Abril 2015 00:00

ACTIVIDADES DE LUGOPATRIMONIO PARA O 2º TRIMESTRE DO 2015 (Actualizado o 13 de abril)

Abril

Do 2 ao 5 (Semana Santa): Viaxe  ao Portugal do Minho e ás cidades e arredores de Braga, Barcelos e Guimaraens (Patrimonio da Humanidade), onde veremos desde paisaxes encantadas, artistas populares do barro, monumentos que construíron a  Galiza e o Portugal do Afonso Henriques ou feiras  que manteñen o seu carácter popular e artesán. Atenderemos con interese dúas xoias destas terras: o mundo castrexo representado pola Citania de Briteiros; e o rito tan sonado da Semana Santa de Braga.

Anotacións até o día 12 de marzo chamando ao tfne. 676 800 227.

Esta viaxe terá un custo aproximado de arredor de 300 euros (incluíndo todo menos ceas) e farase se hai un mínimo de 16 persoas, sexan asociados-as ou non. A partir do 12 de marzo darase o programa detallado e prezo definitivo, en caso de ir.Según o vaides decidindo chamade, pois se podemos adiantar a data de notificación mellor, por causa das reservas do hotel.

Día 15, mércores: Conferencia da profesora Celia Armas García sobre "Mulleres na cultura do s. XIX galego".

Ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

 

Maio

Día 5, martes: Conferencia da profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández Pérezsanjulián sobre "Literatura galega do s. XIX, entrando no XX".

Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

De 19,15 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe á Illa de Ons e tamén para a de Coruña (Exposición de Picasso e Castro de Elviña).

Día 16 de maio, sábado: Viaxe á cidade da Coruña onde pasaremos o día para ver a Exposición de Picasso e o Castro de Elviña, tendo como guía a Felipe-Senén López.

Saída ás 8,00 h.

 

(Estaba programada a Vilanova dos Infantes á Romaría Etnográfica Raigame, pero esta suspendeuse polo asasinato do párroco e roubo da figuriña da Virxe de Cristal, outra xoia do noso patrimonio).



Xuño

Día 3 de xuño, mércores: conferencia do arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López, sobre Arquitectos e escultores do s. XIX, entrando no XX.

Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

De 19 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe con Felipe-Senén polas terras do Porriño, Panxón, etc. (día 4 de xullo).

Día 13 e 14 de xuño: Viaxe á Illa de Ons: consiste en pasar os dous días nas praias de Ons, con paseos a última hora da tarde e primeira da maña, pola fresca, para visitar lugares emblemáticos como a Cova do Inferno ou o cume do monte Centolo, furnas, castros, fauna da illa... O sábado ao solpor, gozaremos da posta do sol.

Saída do lugar habitual ás 7,30 h.

 

Xullo

Día 4 de xullo, sábado: viaxe con Felipe-Senén López ás terras do Porriño, Panxón, Baiona, Santa Tegra ou Tui, tras as pegadas de arquitectos como Antonio Palacios e escultores como Francisco Asorey.

 

Lugo, Abril do 2015

A Xunta Directiva

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO