Luns, 23 Xuño 2014 17:23

Parabéns polo retorno da Colección Álvaro Gil á Deputación de Lugo

torques de BurelaNon cabe dúbida de que esta é unha das noticias máis gratas que animan o traballo polo noso patrimonio cultural, neste caso da provincia de Lugo e da mesma Galiza. Repoñer as pezas de ourivaría que Álvaro Gil deixou ao Museo Provincial de Lugo é un respiro para ese valeiro que hai meses xurdiu nalgunha das súas salas. Poida que o prezo a abonar por elas non sexa baixo, pero o seu valor esixe o pago e con isto asegura tamén non só a riqueza en pertenzas do noso museo senón tamén un bo futuro económico e expositivo que indubidabelmente traerán estas pezas.

Botamos de menos, con todo, que non se incorporaran a este legado os cadros de pinturas que completaban o noso panorama artístico e mesmo histórico, como os que eran da autoría de Xesús Corredoyra nos que chegan a aparecer personaxes como Luís Pimentel, dous monumentos, por así dicer, da propia cidade de Lugo.

Parabéns, por tanto, á Deputación de Lugo representada neste caso polo Delegado de Cultura, Mario Outeiro, e á familia de Álvaro Gil, que con este xesto volve animar as esperanzas patrimoniais, obxectivo das asociacións que loitamos polo noso patrimonio.

Lugo, 23 de xuño do 2014

Lois Diéguez, presidente de LugoPatrimonio.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “E ti ¿de quen ves sendo?”. Lucus Augusti como espello das relacións familiares na antiga Roma +

    Día 14, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia da investigadora doutora Clara María Ramos Taboada Ler Máis
  • Anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo” +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO