Martes, 24 Xullo 2012 07:06

ESTUDOS INDICAN QUE A IGREXA DE VILASOUTO NO INCIO DEBE SER RECUPERADA ANTES DO INVERNO POR PERIGO DE QUE SE DERRUBE

Isto constatouse na xuntanza celebrada hoxe na Deputación na que participaron membros de LugoPatrimonio, veciños, bispado, Xunta de Galiza e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro

Igrexa de VilasoutoLugo, 23 de xullo de 2012. Esta mañá xuntáronse na Deputación de Lugo, seguindo as directrices adoptadas nunha primeira reunión celebrada meses atrás e que fora convocada por LugoPatrimonio, veciños e veciñas de Vilasouto, no Incio, e representantes do Concello do Incio, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, así como representantes da Xunta de Galiza e do Bispado, co fin de estabelecer as liñas a seguir a prol do obxectivo común de recuperar a igrexa de Vilasouto, no Incio, que se atopa en mal estado e corre risco de derrubamento xa que ten partes estruturais afectadas.

Nesta xuntanza estudouse o proxecto definitivo para deter o proceso de deterioro tralo que quedou claro que o arranxo da igrexa tería que facerse antes do inverno pois se non é así pode haber perigo de derrubamento da igrexa.

Por consenso, na xuntanza tomáronse  unha serie de decisións, comezando por estabelecer xa unha nova xuntanza no mes de setembro na que estean presentes as institucións e colectivos participantes para estudar e debater cal vai ser a súa aportación á hora de sufragar os custes do proxecto de rehabilitación así como definir os usos plantexados unha vez se acometa a recuperación.

Todos  os presentes están interesados en evitar a destrución definitiva da igrexa de Vilasouto e en que o posíbel uso da igrexa serva tamén para unha revalorización económica da zona.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe ao conxunto do poboado e mina de Fontao, Vila de cruces (Pontevedra). +

    Día 16 de novembro ás 8,30 horas Viaxe ao conxunto do poboado e mina de Fontao, Vila de cruces (Pontevedra). Ler Máis
  • Asemblea anual +

    Día 10 de decembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Asemblea anual. Renovación da xunta directiva. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO