Venres, 16 Decembro 2011 16:32

LugoPatrimonio elixe nova directiva e dedica un "ramo" e dúas "pauliñas", unha delas ao Defensor do Pobo polo seu desprezo aos dereitos do noso idioma.

Nas asembleas celebradas onte, día 14 de decembro, entre outros puntos acordouse:

  • Elixiuse nova directiva composta polas seguintes persoas: Lois Diéguez como presidente; Adolfo de Abel Vilela, vicepresidente; Xosé Anxo Lence, tesoureiro; C. Olga Ventosinos, secretaria; e os vocais: Orlando Viveiro, Carla Mª Campo e Carlos Ferreiro.

  • Aprobáronse as actividades para o ano 2012, nas que destacamos: ciclos sobre A arte rupestre: os petróglifos, nos que intervirán, entre outros os arqueólogos Felipe-Senén López e Antonio de la Peña, e viaxes por Campo Lameiro, Mogor ou Monterroso; e Arredor da nosa música, no que se farán Itinerarios musicais por Lugo, Coruña ou Mondoñedo, con etapa final en Viena e Budapest, e no que se estudarán diversas etapas creativas da música galega con persoas especializadas no tema.

Viaxe ao Entroido de Vilariño de Conso no mes de febreiro.

Viaxe de 12 días a Marrocos para coñecer as cidades históricas, as Kasbahs e o deserto, na semana Santa, aberta a quen queira participar, sexa asociado ou non, para o que se terá que informar e anotar no tfne. 676 800 227, antes do 26 de decembro.

Viaxes á Feira do Viño de Vilachá de Salvadur (A Pobra de Brollón), ou "Unha fin de semana no Val do Silencio".

  • Aprobáronse Un Ramo (felicitación polas inciativas ou colaboración para a defensa do noso patrimonio), e 2 Pauliñas (crítica por non atender chamadas ou peticións a favor do noso patrimonio), cos textos siguientes:

O RAMO E A PAULIÑA

O Ramo: para a Deputación Provincial de Lugo, Area de Cultura, personificada nos deputados responsábeis Antón Bao e Mario Outeiro, pola súa atención e sensibilidade diante das nosas peticións e proxectos.

A Pauliña 1: para a Xunta de Galicia, Delegación territorial de Lugo, por desentenderse ou calar ante as distintas peticións que lle fixemos e negarse a recibir ás asociacións que traballamos polo Patrimonio.

A Pauliña 2: para o Valedor do Pobo, Benigno López, por solicitar a retirada dun libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º de Educación Primaria, no que se reproducía o contido literal do artigo 5º.1 do Estatuto de Autonomía: “A lingua propia de Galiza é o galego”. Esta resolución excede os límites democraticamente permisíbeis e representa unha persecución afervoada contra a nosa lingua e a propia lexislación.

Lugo, 15 decembro 2011

O presidente: Lois Diéguez

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea anual +

    Día 10 de decembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Asemblea anual. Renovación da xunta directiva. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO