Xoves, 25 Xuño 2009 21:42

As Asociacións pola Defensa do Patrimonio Inmaterial da zona de Lemos reúnense coa Delegada Territorial da Xunta en Lugo


      Esta tarde celebrouse en Lugo a reunión que as asociacións culturais da zona de Lemos que veñen traballando intensamente polo noso patrimonio inmaterial, tiñan solicitado coa Delegada Territorial da Xunta, Dª Raquel Arias. Representantes de LugoPatrimonio, AA.VV. de Salcedo (A Pobra de Brollón), Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Amigos Patrimonio Lemos, Asociación C. As Fachas (Castelo), Asociación Xuvenil e C. Os Turulecas (A Cervela-O Incio), Asociación C. Souto do Val (A Ermida-Quiroga),  Asociación de veciños San Martiño de Vilelos (O Saviñao) mantiveron no transcurso dunha hora un coloquio coa Delegada Territorial para darlle a coñecer os proxectos nos que levan traballando varios anos e que foron o tema principal da 1ª parte do Congreso celebrado no mes de febreiro (acceso ás resolucións do Congreso). Querían as asociacións saber da disposición da Sª Delegada ao respecto. Ela interesouse polos diversos temas plantexados e pediu un tempo prudencial para estudalos, dada a súa importancia, así como para valoralos cos distintos departamentos das Consellarías que teñen que intervir para a súa resolución.Parada dos Montes

      Así mesmo, presentáronselle os Proxectos que co cambio de goberno ficaron interrompidos na súa resolución no Agader, e que se refiren a: “Proxecto para a dinamización e consolidación do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos: a súa incidencia cultural, social e económica no mundo do agro” e “Parada dos Montes (A Pobra do Brollón): un centro de interpretación en vivo dentro do Proxecto de consolidación e potenciación do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos”.

      Queda, polo tanto, agardar ás resolucións que tome a Delegada. As Asociacións esperan que as decisións pertinentes non se demoren no tempo e que o traballo realizado e o proxectado para un futuro inmediato sexa asumido tamén por quen teñen a responsabilidade de remediar con urxencia a agonía na que se mantén o noso agro. Os proxectos presentados van precisamente neste sentido.

      Por último, as Asociacións convidaron á Delegada e representantes dos organismo que patrocinan o Congreso sobre o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos, (xornadas de Outono), a participar na súa inauguración e debates.  

      Lugo, 25 de xuño do 2009

 

 

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “E ti ¿de quen ves sendo?”. Lucus Augusti como espello das relacións familiares na antiga Roma +

    Día 14, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia da investigadora doutora Clara María Ramos Taboada Ler Máis
  • Anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo” +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO