Prezadas asociadas e asociados:

Pola presente, e seguindo o art. 18 dos nosos estatutos, convócase asemblea xeral ordinaria para o día 15 de decembro, luns, ás 19,30 h. en primeira convocatoria, e ás 20 h. en segunda, na galería Sargadelos de Lugo, e para  analizar a seguinte orde do día:

1. Lectura da acta da sesión anterior.
2. Informe do presidente.
3. Informe do tesoureiro.
4. Proxecto de actividades para o 2015.
5. Colaboración na nosa páxina Web
6. Rogos e preguntas.
a) Comunicacións cos asociados-as.

É de interese colectivo a participación máis ampla posíbel para falar dos temas que consideredes en función da orde do día, pois así se vai perfeccionando a actividade e participación de todas e de todos.

Lugo, a 1 de decembro do 2014

A secretaria                     Vo Bo O Presidente

Xoves, 11 Decembro 2014 20:38

Entroido 2015

Organizamos o Entroido 2015 á zona de Bragança (Portugal), pois é a parte sur do Bolo e Viana e ten unhas características purísimas, con colorido, comunicación e tradición. Son, sobre todo, os entroidos que se organizan popularmente en Podence e Santulhao, moi singulares e atractivos.

Días 15, 16 e 17 de febreiro.

O día 15 (domingo de Entroido)
dedicado a Podence (Os caretos de Podence), con xantar na mesma aldea nunha carpa, a base de produtos mirandeses.

O día 16, dedicado a visitar Bragança, co castelo medieval e murallas, a Domus Municipalis, curioso edificio civil tardorrománico, e museo do Entroido e outros.

O día 17 (Martes de Entroido) dedicado ao entroido de Santulho, no que o divertimento e xulgamento a unha familia de compadres e comadres que son queimados despois, resulta algo único. Despois deste, regresaremos a Lugo ou, en función do interese que teñades, tamén o podemos facer ao día seguinte.

Como o problema é de hoteis, pois cóbrense totalmente durante eses días, tedes que anotarvos en Sargadelos, de 19 a 20 h. o día 17 de decembro, mércores. Despois de saber o número de viaxeiras e viaxeiros daremos detalles exactos do que faremos, hotel, comidas e prezo. Calculo que non subirá dos 300 euros, pero é unha idea inicial. As persoas que se anoten terán que deixar unha entrada de 30 euros.

Esta visita ben paga a pena, desde logo, en plan informal, tanto para ver e mirar como para participar nos propios actos.

Lugo, 15 decembro 2015
A Xunta Directiva

Domingo, 09 Novembro 2014 12:08

Anotacións para a Festa anual

Prezadas asociadas e asociados: O próximo 13 de decembro, sábado, faremos a nosa Festa anual, "Música e contos arredor da lareira" nunha casa de turismo rural na que pasaremos o día con variadas actuacións que se darán a coñecer no seu momento e sempre a activa e divertida participación dos distintos asociados e asociadas. Para asistir a esta celebración na que tamén se fará o recoñecementos a compañeiros e compañeiras nosas polo seu traballo, é necesario anotarse xa.

Podedes, pois, anotarvos, o próximo día 12 de novembro, de 19 a 20 h. na Galería Sargadelos de Lugo.


Pedímosvos tamén que comuniquedes os datos da anotación aos asociados e asociadas que non dispoñen de correo electrónico.

Animádevos a participar neste actos pois servirán, a parte de para pasar un día de nadal animado, a axuda para a comunicación que queremos se estreite sempre entre todos e todas na nosa asociación.

Unha aperta.

Lois Diéguez

Fotos de: Cruceiro polo río Douro, Subida a Galafura, Miradoiro de Galafura, Adega do Rosca, Regua (restaurante Castas e Pratos).



Luns, 13 Outubro 2014 15:08

OUTONO MÁXICO NO RÍO DOURO. 1ª Parte

(Fotos do Museo do Douro, Miradoiro de santo Antonio, Quinta do Vallado, Catedral de Lamego, Museo de Lamego, Santuario dos Remedios, Igrexa prerománica se san Pedro de Balsemao, San Pedro de Tarouca, Outeiros de santa Helena, San Xoán de Tarouca, Mosteiro de Salzedas, Ucanha, Inico do Cruceiro polo río Douro).

Venres, 10 Outubro 2014 11:26

Actividades do mes de Outubro


Día  14, martes: conferencia da profesora Mª Isabel Fernández García sobre Científicos e científicas galegas do s. XVIII. Ás 20 h. no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Escola de Maxisterio).

Entre 19 e 20 h. e no mesmo lugar anotacións para a viaxe do día 25 de outubro.

 

Día 25, sábado: viaxe aos museos científicos da Coruña, e encontro co ceramista Francisco Pérez Porto no seu obradoiro de Osedo (O Rueiro)- Sada. Pola mañá estaremos con el e visitaremos un exemplo da súa obra, a Fonte de Castelao, levantada diante do edificio de Cerámicas do Castro. Pola tarde, na Coruña, visita guiada ao Museo da Ciencia e da Tecnoloxía e mais o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes).

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO