Venres, 21 Febreiro 2014 10:45

Programa actualizado da viaxe a Ourense

Día 22, sábado: Viaxe a Ourense para visitar o Museo Arturo Baltar na cidade, acompañados polo propio artista, co cal manteremos un coloquio;  igrexas de Santa Eufemia e Santa María, Pinturas do Pórtico do Paraíso da Catedral, Museo Arqueolóxico (naqueles detalles correspondentes ao século XVIII), As Burgas, Claustro de San Francisco, Cemiterio para deixar flores nas sepulturas de Blanco Amor, Otero Pedrayo... Guiará estes itinerarios pola cidade o escritor Millán Picouto.

(Saída ás 9 h. do lugar habitual.Regreso arredor das 21 h.).

Venres, 28 Febreiro 2014 10:50

Viaxe a Ourense


Venres, 21 Febreiro 2014 10:45

Programa actualizado da viaxe a Ourense

Día 22, sábado: Viaxe a Ourense para visitar o Museo Arturo Baltar na cidade, acompañados polo propio artista, co cal manteremos un coloquio;  igrexas de Santa Eufemia e Santa María, Pinturas do Pórtico do Paraíso da Catedral, Museo Arqueolóxico (naqueles detalles correspondentes ao século XVIII), As Burgas, Claustro de San Francisco, Cemiterio para deixar flores nas sepulturas de Blanco Amor, Otero Pedrayo... Guiará estes itinerarios pola cidade o escritor Millán Picouto.

(Saída ás 9 h. do lugar habitual.Regreso arredor das 21 h.).

Comunicamos que a conferencia do historiador Pexerto Saavedra sobre o Século XVIII galego, queda para odía 25 de febreiro, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial.

Un saúdo.
Lois Diéguez

Comunicamos aos asociados e asociadas de LugoPatrimonio que o prazo de anotacións para a viaxe a Ourense que se realizará o día 22 de febreiro, sábado, dado o mal tempo que houbo onte para poder facelo, amplíase desde hoxe, 5 de febreiro, até o sábado día 8 (inclusive), polo que se alguén está interesado non ten máis que chamar ao tfne. 656 23 63 43 (Adolfo de Abel).
Asimesmo, en breve comunicaremos a data en que se celebrará a conferencia de Pexerto Saavedra sobre a Galiza do s. XVIII, dado que houbo que aprazala por causas do temporal.
Un saúdo.
Lois Diéguez

A colaboración entre a Irmandade Santo Estevo e MariñaPatrimonio para a protección deste ben patrimonial dá os seus primeiros froitos ao recoñecer a Xunta o lugar como xacemento arqueolóxico.

Barreiros, a 22 de xaneiro de 2014.- O pasado mes de setembro MariñaPatrimonio solicitou á Xunta a inclusión no Inventario de xacementos arqueolóxicos a antiga capela de Santo Estevo, o antigo cemiterio e as antigas construcións e abrigos naturais nos que habitaban as ermitás do Santo Estevo. Trala inspeción de campo e a localización destes vestixios arqueolóxicos, os técnicos de Patrimonio incluíron este sitio arqueolóxico no Inventario coa clave GA 27005014.

Santo Estevo do Ermo ou de Augas Santas é un oasis no inmenso eucaliptal da Mariña. Esta pequena fraga, asfixiada polos eucaliptos, conserva no seu interior un rico patimonio natural, paisaxístico, cultural, relixioso e arqueolóxico. Facendo un percorrido por esta xoia natural e cultural atopamos unha vizosa vexetación autóctona, que agocha a actual capela, construída no 1765 e en cuxa contorna se ven celebrando dende tempos inmemoriables a romaría do Santo Estevo. Preto da capela podemos contemplar a fermosa fervenza, coñecida como o revertedoiro. Outros lugares de gran interese son a Fonte de Santa Rosa, arredor da cal centos de panos penduran das pólas das abeleiras e as súas augas curan as doenzas da pel; a Fonte de Augas Santas con augas ferruxinosas, boas para combater a anemia, e a Pena da Ferradura na que o cabalo de Santiago deixou a súa pegada.

Menos coñecida, aínda que viva na memoria colectiva dos veciños da contorna, é a existencia das ruínas da antiga capela, do antigo cemiterio e dos lugares habitados polas ermitás.

A Irmandade de Santo Estevo publicou en maio do ano pasado o interesante libro O santo Estevo do Ermo e a súa fraga no que recollen probas documentais da existencia destes bens patrimoniais.

Co recoñecemento da Xunta deste sitio arqueolóxico e a súa inclusión no Inventario, este ben patrimonial goza da protección que debería evitar a destrución e a desaparición deste interesantísimo lugar arqueolóxico. Desgrazadamente, igual que ocorre na maioría dos restos arqueolóxicos da Mariña, este de Santo Estevo non se libra da súa plantación de eucalipto. A industria forestal, irresponsable e destrutora do patrimonio, non respecta nin os antigos cemiterios.

Dende a Irmandade de Santo Estevo e a asociación MariñaPatrimonio consideramos que sería bo que a Xunta, o Concello, a industria forestal do eucalipto, as asociacións e os veciños unisen vontades e esforzos para protexer dun xeito integral o Santo Estevo do Ermo. O primeiro paso sería retirar os eucaliptos dos restos arqueolóxicos da antiga capela e do cemiterio.

Unha vez máis cómpre lembrar que protexer o noso patrimonio é responsabilidade de todos e supón un ben rendible para toda a sociedade.

Ligazón para as fotos. http://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157639687224914/with/11909329535/

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO