Luns, 12 Xuño 2006 11:21

A pauliña para a Deputación


Suso Fernández, o cronista oficial de Foz, chamou reiteradamente a atención sobre eses impactantes retretes que asoballan a igrexa románica de San Martiño de Mondoñedo, un dos mellores monumentos que temos na nosa provincia.
LugoPatrimonio estivo hai uns días alí, e comprobou esa obra abraiante que no seu momento construiu a Deputación. Agora que tanto a Consellaría de Cultura como Fomento interveñen no contorno sería a ocasión axeitada para mostrar unha sensibilidade que non tivo a Deputación. Lavarlle a cara aos escuros e difíceis arredores do Monumento -pouco grato aos ollos e ao bo gusto, realmente- e derrubar os fantasmais retretes, sería amostra de respecto que agarda o noso impresionante patrimonio. Farannos caso? Estaremos atentos ao que pase e, quizabes, tamén faremos alí a nosa viaxe colectiva. Para agradecer ou para acusar.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Visita aos xacementos arqueolóxicos da Domus do Mitreo, Domus dos Mosaicos e Centro Arqueolóxico de San Roque +

    Día 22, sábado Visita aos xacementos arqueolóxicos da Domus do Mitreo, Domus dos Mosaicos e Centro Arqueolóxico de San Roque. Ler Máis
  • Conferencia de Rosa Meijide Failde, catedrática de Hidroloxia Médica na Facultade de Fisioterapia da Universidades da Coruña, sobre “O papel dos balnearios na vida romana”. +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Rosa Meijide Failde, catedrática de Hidroloxia Ler Máis
  • Mesa redonda sobre “Os 10 anos da declaración pola UNESCO do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade” +

    Día 28, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Mesa redonda sobre “Os 10 anos da declaración Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO