Na entrada está o cemiterio dos nenos, e debaixo as vitimas da epidemia de cólera de 1854. Vimos os enterramentos da familia do historiador Manuel Murguía, dos escritores e poetas Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Wenceslao Fernández Flórez, do músico José Castro González (Chané), dos pintores Luis Seoane, Manuel Abelenda, Francisco Lloréns, da dona de Francisco Espoz e Mina, Juana de Vega, etc.
Pola tarde, durante hora e media, visitamos na Fundación Barrié a exposición de gravados “O Bosco e Brueguel. Unha viaxe a mundos fantásticos”. Seguindo as explicacións do guía percorremos as distintas seccións na que se presentan os gravados procedentes da colección do Museo Boijmams Van Beuningen de Róterdam, inspirados nas obras do pintor o Bosco, que non fixo gravados, e Pieter Brueguel o Vello, que sí deseñou estampas que foron reproducidas nos talleres de Amberes. Do primeiro son estampas atiborradas de escenas populares e tamén fantásticas, mentres que do segundo, hai paisaxes, escenas campesiñas, de festas, de barcos, alegóricas do diñeiro e o engano, e outras.