Imprimir ésta páxina
Martes, 24 Xuño 2025 10:36

Viaxe a A Coruña

21 de xuño

A viaxe encadrouse dentro do ciclo dedicado ao mundo romano, e tivo por finalidade visitar a Torre de Hércules e o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón. Nestas dúas visitas acompañounos o arqueólogo e museólogo Felipe Senén López, que comezou as explicacións no centro de interpretación da Torre, ante a escultura de Hércules obra de Leiro, para comprender a evolución do faro vendo as maquetas e os planos, continuando despois coa visita ao monumento, desde as escavacións na base da torre ata a terraza superior.

Despois, como actividade complementaria, visitamos a exposición “O ouro dos Akan. Tesouros reais da ´África occidental”, na Fundación Barrié,. Na visita guiada puidemos ver máis de 300 obxectos da cultura dos akan da República de Ghana y Costa de Marfil, que foron importantes produtoras de ouro, pertencentes á colección de Liaunig de Carintia (Austria). Estas tribos teñen unha antiga tradición no traballo da xoiaría e os obxectos de culto en ouro, como os bastóns dos conselleiros, as coroas do rei e da raíña, os tronos, os pectorais, xoias con filigranas feitas con fío de ouro. Aparecen animais simbólicos como o loro, o caranguexo, o elefante, o león, o crocodilo, a tartaruga, a araña, a serpe, o porco espiño, pero tamén reproducen obxectos modernos da cultura occidental, como armas de fogo, elementos utilitarios como diferentes pesos para pesar o ouro.

Pola tarde fixemos un percorrido polo Museo do Castelo de San Antón, creado en 1968, con Felipe Senén, que foi o seu director durante moitos anos polo que contou a historia do edificio e anécdotas da consecución de varias das pezas que se expoñen.