Imprimir ésta páxina
Domingo, 18 Xuño 2023 17:25

Viaxe ás Médulas e Cacabelos

17 de xuño

Como complemento das conferencias e viaxes dedicados á explotación aurífera romana, realizouse una visita guiada ás Médulas. Previamente foise ver á Ponte Bibei, situada na vía XVIII ou Vía Nova, posiblemente construída na época de Trajano a principios do século II d.C., dando unha explicación o presidente, Adolfo de Abel e a tesoureira Julia Cantalapiedra.

Nas Médulas, declarado Patrimonio da Humanidade en 1997, que por ser un exemplo de intervención humana agresiva na paisaxe, Tailandia, Alemaña e Filandia opuxéronse á declaración, o grupo fixo o percorrido polo souto de castiñeiros acompañado por una guía que foi relatando a razón da explotación deste xacemento a ceo aberto onde traballaban entre 10.000 e 20.000 homes entre os séculos I e finais do III d. C., do que se di que se extraeron neste período uns 5.000 quilos de ouro polo sistema de ruina montium. A auga conducida por unha rede de canles a uns estanques situados na parte superior era introducida nas galerías verticais e horizontais practicadas no monte, que debido á presión do aire do interior producía os derrubes, e as terras de aluvión eran arrastradas aos lavadoiros.

Rematada a visita trasladáronse a Cacabelos para xantar, facendo despois un percorrido cunha guía pola rota do Camiño de Santiago, dentro da vila, comezando na Moncloa de San Lázaro e rematando na ponte sobre o río Cúa.