LugoPatrimonio
Rúa Acacia, nº 5 - 6º B 27004 - Lugo
Asociación
Campos de traballo: PDF Imprimir Enviar
Escrito por Administrator   
A Asociación ten como campos de traballo:

Sección Obras que fan a historia
Trata do recoñecemento aos estudosos e estudosas da nosa historia, contemplando esta no seu sentido máis amplo. Este apartado levará consigo a edición da obra que non teña un carácter estritamente comercial.

Sección
Coñecer o Patrimonio
Comprende todo tipo de actos como conferencias, debates, viaxes, etc. que leven a un coñecemento do noso patrimonio material e inmaterial.

Sección Unha chamada a tempo
LugoPatrimonio ofrece asesoramento a toda persoa ou colectivo que necesite aclaracións ou axuda sobre calquera aspecto do noso patrimonio.
 
Obxectivos PDF Imprimir Enviar
Escrito por Administrator   
Obxectivos

Son fins principais da asociación:

a.-Defensa, promoción e uso do idioma galego no camiño da súa normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial creada polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.
b.- Defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo.
c.- Promoción e realización de actividades de todo tipo encamiñadas á súa divulgación e xeral coñecemento.
d.- Edición e propagación de traballos que o popularicen.
e.- Cantas outras actividades lícitas que sexan da conveniencia e dos intereses comúns dos asociados e asociadas.

LugoPatrimonio, amais do seu carácter reivindicativo, ten tamén como fins a busca de solucións e proxectos que axuden a resolver o deterioro, esquezo ou silenciamento do noso patrimonio.

Criterios xerais de actuación

Ao ter carácter provincial, LugoPatrimonio realizará actos por toda a provincia en colaboración, sempre, coas entidades locais, de tipo cultural, de defensa do patrimonio ou calquera outro, que estexan interesadas na difusión e conservación do noso patrimonio.

As Viaxes programadas por LugoPatrimonio serán presentadas polos guías que as dirixan nun acto público anterior á propia viaxe, no que se dará a coñecer o itinerario e os puntos e monumentos a visitar.

 
ESTATUTOS PDF Imprimir Enviar
Escrito por Administrator   

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL EN DEFENSA DO PATRIMONIO “LUGOPATRIMONIO”

CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.- 1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN CULTURAL LUGOPATRIMONIO"
2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Lugo, rúa Acacia nº5-6ºB  CP:27004, telefone 676800227. Correo electrónico: Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo .

Artigo 3º.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Lugo.

Artigo 4º.- 1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
a.-Defensa, promoción e uso do idioma galego no camiño da súa normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial creada polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.
b.- Defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo.
c.- Promoción e realización de actividades de todo tipo encamiñadas á súa divulgación e xeral coñecemento.
d.- Edición e propagación de traballos que o popularicen.
e.- Cantas outras actividades lícitas que sexan da conveniencia e dos intereses comúns dos asociados e asociadas.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nen outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

 

Ler máis...
 
DIRECTIVA PDF Imprimir Enviar
Escrito por Administrator   

 

Presidente: Lois Diéguez Vázquez, escritor.
Vicepresidente:
Adolfo de Abel Vilela, historiador.
Secretaria: Tareixa Cabello de la Torre (profesora)
Tesoureiro: Xosé Anxo Lence (empregado)
Vocais:
1º.- Orlando Viveiro Veiga, estudoso no campo da etnografía.
2º.- Sabela Rodríguez Campo (funcionaria).
3º.- Carlos Ferreiro Rubianes (profesor)

 

 


Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

 

 
PDF Imprimir Enviar

 

FICHA DE SOCIO/SOCIA

Datos persoais

Nome: DI:

Apelidos:

Enderezo:

Concello:                                                                     Código Postal:

Data de nacemento:

Teléfono móbil: Teléfono fixo:

Correo electrónico:

Profesión:

Observacións:

Canle de envío de comunicacións: Correo ordinario Correo electrónico

 

Pagamento Semestral (*)

(Cota xeral) 20 €  (Estudantes, parados e xubilados) 10 € 

(*) As cotas serán efectivas por adiantado. Se a data de alta está dentro do semestre que xa se pasou ao cobro ao socio/a, a cota pasarase de forma proporcional co semestre seguinte (Exemp.: Se a data de alta é abril de 2008, a cota a pasar en xullo será de 20 € do 2º semestre + 3 meses do 1º semestre (10 €); en total serían 30 €.)

Boletín de Domiciliación Bancaria

Nome do Banco ou Caixa:

Entidade: Oficina: DC: Nº de Conta:

Titular da conta:

Apelidos: Nome: DI:

Sr/a Director/a:

Ata novo aviso,deberá cargar na miña conta os recibos que lle presente ao meu nome a

Asociación

Asdo:

En …………. a ........., de …………., de ……

Web: www.lugopatrimonio.org

mail: Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

 


LugoPatrimonio - lugopatrimonio@lugopatrimonio.org- Rúa Acacia, nº 5 - 6º B 27004 - Lugo