LugoPatrimonio
Condoenza pola morte de don Francisco Mayán Fernández PDF Imprimir Enviar
Escrito por Administrator   
Mércores 08 de Setembro de 2010 07:57

 

A Asociación LugoPatrimonio expresa o seu sentimento polo recente pasamento de don Francisco Mayán Fernández, Cronista Oficial de Mondoñedo, que desde moi novo dedicou o seu saber á investigación da historia da súa vida natal Cee e a da cidade na que viviu e desenvolveu o seu labor docente.

A súa dilatada vida foi un exemplo para todos os que defendemos, divulgamos e traballamos pola conservación do noso patrimonio histórico e cultural. A súa desaparición supón unha perda para a cultura do país pola importancia que ten o labor dos cronistas locais que cos seus traballos contribúen ao coñecemento da nosa  historia común.

 

Actualizado o Mércores 08 de Setembro de 2010 08:03
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
LugoPatrimonio - lugopatrimonio@lugopatrimonio.org- Rúa Acacia, nº 5 - 6º B 27004 - Lugo