| O escritor Lois Diéguez comentará o 18 de maio diversas imaxes sobre “Exipto: rostros e paisaxes” |
|
|
|
| Escrito por Administrator | |||||||||
| Luns 17 de Maio de 2010 13:10 | |||||||||
|
O 18 de maio, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial, o escritor e presidente de LugoPatrimonio, Lois Diéguez, comenta diversas imaxes dixitalizadas que levan por título Exipto: rostros e paisaxes. Estas imaxes corresponden á viaxe que a asociación realizou no mes de febreiro a Exipto e servirán para, a través delas, ter un coñecemento básico dese país nos aspectos históricos, económicos, culturais e sociais. Servirán tamén para ir relatando a viaxe ao xeito de caderno de notas. Ao final das proxeccións, entregarase aos que fixeron a viaxe devandita, o poema A Nubia, da autoría do propio conferenciante e que vai ilustrado polo pintor Felipe Senén. A entrada é libre. Lugo, 17 de maio do 2009
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||||
| Actualizado o Luns 17 de Maio de 2010 13:18 |



