LugoPatrimonio
Obradoiro de animación á lectura. PDF Imprimir Enviar
Valoración dos usuarios: / 1
PobreO mellor 
Escrito por Administrator   
Luns 11 de Xaneiro de 2010 11:43

Estamos a preparar, seguindo a petición dalgúns asociados e asociadas, un Obradoiro de animación á lectura, que ten como fundamento familiarizarnos coa lectura e escrita do noso idioma, o galego. En principio, serán xornadas de dous días á semana (luns e martes), con hora e media cada un (entre 20 e 21,30 h.) e até contemplar o cómputo de 35 ou 40 h. en total.

Tratarase de facilitar simplemente a lectura, escritura e coñecemento da nosa lingua, sen complicacións gramaticais; simplemente para ter o convencemento de que sabemos ler e escribir en galego, e tratar de ampliar os nosos coñecementos nesta grande obra que construíron con amor e cariño os nosos antepasados.

En principio tamén, pensamos en realizar este proxecto en colaboración coa Vicepresidencia 2ª Área de Cultura da Deputación Provincial, así que necesitamos saber xa o número de asociados e asociadas, ou mesmo que non o sexan, (dependerá das prazas a cubrir) interesados nesta actividade.

A partir de hoxe, podedes chamar ao tfne. 676 800 227, ou mesmo escribir ao noso correo para saber o voso parecer e anotarvos ( Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ). Tamén podedes deixar os vosos comentarios no foro previsto na páxina web; para facelo, despois de premer no enlace, premendo no botón Novo Tema, poderedes deixar o voso comentario.

Iniciaríamos esta actividade no mes de marzo.

Quedamos á vosa disposición para recoller o voso parecer.

 

Comentarios
Engadir novo Procurar
Escribir comentario
Nome:
E-mail:
 
Sitio web:
Ttulo:
Cdigo UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
:!::?::idea::arrow:
 

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Actualizado o Luns 08 de Febreiro de 2010 11:32
 
LugoPatrimonio - lugopatrimonio@lugopatrimonio.org- Rúa Acacia, nº 5 - 6º B 27004 - Lugo