| OUTRA BARBARIDADE |
|
|
|
| Escrito por Adolfo de Abel Vilela | |||||||||
| Venres 06 de Novembro de 2009 17:22 | |||||||||
|
Primeiro permitiuse unha urbanización nun lugar que nos vai privar das fermosas vistas que se divisaban desde a pérgola. Precisamente don Ãngel López Pérez, a quen se debe o parque, comprou no seu dÃa unha leira para evitar que se construÃse nela e entorpecese a que era unha das vistas máis bonitas de Galicia. Despois demoleuse o pedestal da estatua da España, un exemplo Déco da arquitectura do cemento dos anos 20, no que foron ao vertedoiro catro escudos de cerámica de Manises e causáronse graves danos á escultura fundida en Sargadelos. FÃxose para pór no seu lugar un pastiche fóra de contexto e mal executado. E agora acábase de cubrir con alcatrán unha lonxa cun pavimento artÃstico, realizada fai 45 anos con materiais nobres, lastras de granito e canto rodado, deseñada polo arquitecto Efrén GarcÃa Fernández por encargo do Concello en 1961, e executada en 1964. E isto faise co pretexto de que é custoso mantela. Asà que, xeneralizando o argumento, non deberÃa de estrañarnos de que calquera dÃa nos sorprendamos co mesmo tratamento na contorna da Catedral.
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||||
| Actualizado o Venres 06 de Novembro de 2009 17:24 |



