LugoPatrimonio
Mª do Carme Pernas Bermúdez PDF Imprimir Enviar
Valoración dos usuarios: / 3
PobreO mellor 
Escrito por Administrator   
Luns 03 de Agosto de 2009 14:32

Mª  do Carme Pernas Bermúdez

Naceu en Vilalba (Lugo) o 24 de abril de 1976. É licenciada en Humanidades e Máster en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade da Coruña. Realizou o programa de Doutoramento “Patrimonio Histórico e Cultural de Galicia” pola dita entidade, e dende hai uns anos está a traballar na súa tese sobre o patrimonio natural e cultural da comarca da Terra Chá, o que compatibiliza co seu traballo como profesora de Ensino Secundario de Xeografía e Historia nos dous últimos cursos e, na actualidade, como bolseira investigadora do Patrimonio Inmaterial do Museo Provincial de Lugo da Vicepresidencia da Deputación Provincial.

Un traballo de investigación adianto da tese doutoral foi o publicado en 2006 baixo o título Itinerarios de arquitectura popular pola Terra Chá. Dese mesmo ano é o libro Lanzós, lembranzas doutros tempos, que realizou con Isabel Pernas Bermúdez, Teresa Burgo García e Sabela Figueira Tenreiro co gallo da realización dunha exposición de fotografía antiga na parroquia vilalbesa de Lanzós, organizada polo Instituto de Estudios Chairegos. Neste ano de 2009 ven de publicar o libro Capelas de Costa. A relixiosidade barroca en San Simón, en coautoría con Sabela Figueira Tenreiro e José Luís Novo Cazón. Ademáis, ten publicados varios artigos de investigación histórica e antropolóxica en diversas publicacións periódicas, programas de festas e revistas especializadas no ámbito da cultura galega e chairega.

Forma parte de asociacións e colectivos culturais na defensa do patrimonio chairego e do ámbito pedagóxico".

Comentarios
Engadir novo Procurar
Carlos Xesús Varela Aenlle  - Libro de Arquitectura da Terra Chá   |93.156.229.xxx |2010-02-26 22:21:02
Amigos:
Levo anos detrás do libro de Carme Pernas sobre a arquitectura popular
na Terra Chá. Nunca o conseguín nin o vin e xa preguntei en todos os sitios.
Onde se pode conseguir este libro?

Apertas/Apreixos.
Carlos Xesús Varela
Aenlle
Asturias
Annimo   |77.27.120.xxx |2010-05-09 18:41:22
En resposta ao teu comentario sobre o libro de arquitectura popular, que saibas
que está esgotado. Pódelo consultar na Biblioteca Intercentros do Campus da
USC de Lugo.
Escribir comentario
Nome:
E-mail:
 
Sitio web:
Ttulo:
Cdigo UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
:!::?::idea::arrow:
 

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Actualizado o Martes 04 de Agosto de 2009 16:29
 
LugoPatrimonio - lugopatrimonio@lugopatrimonio.org- Rúa Acacia, nº 5 - 6º B 27004 - Lugo