Imprimir ésta páxina
Sábado, 07 Novembro 2015 00:00

Visita á pintura galega do s. XIX

Día 7, sábado, Museo Provincial de Lugo: visita á pintura galega do s. XIX como complemento á conferencia ditada pola museóloga Aurelia Balseiro, a cal guiará o itinerario polos distintos cadros.

Comezo ás 10 h., encontrándose os e as que queiran participar na entrada do Museo Provincial de Lugo ás 9,45 h. De ser numerosos os e as participantes a visita farase por grupos.

Día 10 de novembro, martes: conferencia da profesora María Isabel Fernández García, Catedráticade Química Orgánica, sobre Científicos e científicas do s. XIX entrando no XX. No salón de actos da Deputación ás 20 h.

 

Antes desta conferencia, entre 19 e 20 h. anotacións para os seguinte actos:

·       Concerto de música do s. XIX no Pazo de Tor (24 de novembro, martes). Saída en bus do lugar habitual ás 17 h.

·       Festa dos asociados e asociadas de LugoPatrimonio, "Contos e Música arredor da lareira" (12 de decembro, sábado), na Casa da Penela, Mondoñedo (Turismo rural). Saída do lugar habitual ás 9,30 h.