Imprimir ésta páxina
Sábado, 08 Agosto 2015 00:00

En lembranza de Irene Vergara Vilariño, viaxe a Lóuzara e O Incio

 

Irene deixounos hai uns días e trátase de facerlle un humilde e sentido recoñecemento á súa obra e hospitalidade que sempre tivo con LugoPatrimonio.

Foi a voz do poeta irmán, Fiz Vergara, cando el non se podía expresar directamente, batalladora incansábel polo noso idioma, cultura e país, sen descanso e desde a grandiosa humildade que sempre a caracterizou. O seu sorriso e sosego ficarán connosco para sempre.

Saída de Lugo (Instituto Lucus Augusti) ás 9 h, con destino a Lóuzara, onde estaremos na casa deSantalla e no cemiterio para lle facer a Oferenda na compañía tamén da súa familia. Nese pequeno circundo tan cantado e andado pola Irene e polo Fiz, miraremos a Casa, o Muíño, o río Lóuzara e os montes apertados que gardan os seus xogos, risos e dores.

Despois sairemos para ver o Parque Arqueolóxico de Santa Mariña, lugar único more info polas corenta mámoas e tres gravados rupestres que conserva. Arredor das 13 h. chegaremos a Vilasouto onde, ao pé da igrexa románica e nas ribeiras do encoro, pasaremos o resto do día con xantar a base de empanadas, viño, doces e a copa de licor que tanto nos anima. E como o día o vai permitir, darémonos o baño de rigor nas augas mornas do río Mao.

Anotacións durante todo este mes de xullo no tfne. 676 800 227