Imprimir ésta páxina
Xoves, 30 Outubro 2008 00:00

Pedro A Cabarcos Quintela


Nado en Vilalba no ano 1955, ten a súa residencia  actualmente en Viveiro

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Colaborador co Estudo de Factoría Gráfica da Coruña. Escritor de diversos catálogos de Arte, dos Artistas Xan Guerreiro, Eva López,Pedro Gutierrez, e o recente de artistas da Mariña titulada Percorridos, entre outros de obra escrita. Debuxante, pintor e profesor de debuxo no IES Monte Castelo de Burela (Lugo).

 

1984/89 Debuxante de Arqueoloxía do que dan conta os seus debuxos en varias teses da Complutense de Madrid,así como no Tomo III de Arqueoloxía do Estado español,  Lucernas das escavacións romana de Lugo de Lugo entre outras varias.
Como artista independente ten realizado varias exposicións simultaneando técnicas tradicionais como acuarela, gravado. óleo e acrílico con técnicas dixitais. A súa experimentación coas novas tecnoloxías inclúe traballos de vídeo-creación e animación por computador.


Entre as súas diversas actividades artísticas e culturais destacan as seguintes:

1993

 

Exposición colectiva Grupo "O Golpe", Burela (Lugo)

1994

 

Exposición colectiva Grupo "O Golpe", Lugo

1998

 

Montaxe da exposición "Petroglifos na Galiza", en colaboración co instituto de estudos Miñoranos (Xosé Lois Vilar), Burela (Lugo)

1999

 

Dirección da montaxe musical "As Catedrais do Mar", coa actuación do grupo de cámara da orquestra de Xove na praia das Catedrais, Ribadeo (Lugo)

2000

 

Participacion na montaxe multimedia "Terra e Lume" dentro do proxecto europeo "Commenius" en colaboración cos centros Ferruci de Larciano (Italia) e College Via Domitia de Poussan (Francia)

2001

 

Realización dun vídeo sobre tres artistas de A Mariña, proxecto europeo "Commenius" en colaboración co centro Gymnazium A Sportofni de Praha

 

Dirección, realización e montaxe multimedia "Homenaxe a Hernán Naval"

2003

 

Montaxe interdisciplinar "Unha visión de San Martiño de Mondoñedo", Foz (Lugo)

 

Montaxe da exposición "Unha mirada desde A Mariña", sobre a catástrofe do Prestige, en colaboración con Nunca Máis en Burela (Lugo)