Imprimir ésta páxina
Sábado, 17 Xuño 2006 11:08

O RAMO para D. SEGUNDO CAPÓN, cura de Santa María de Temes

O RAMO
para D. SEGUNDO CAPÓN,
cura de Santa María de Temes por ter coidado con tanto amor o complexo monumental.

D. Segundo iniciou, en 1974, o descubrimento dos primeiros vestixios romanos que apareceron na igrexa. Despois, axudado por estudosos da arte e a arqueoloxía como Xaime Delgado, Nicanor Rielo ou Nicandro Ares, foi axeitando os numerosos e importantísimos achados no interior da igrexa para que non fosen roubados. Por iso podemos hoxe achegármonos alí e gozar desas marabillas que construíron os nosos devanceiros. Sen o seu traballo non o poderiamos facer. Para el, portanto ese RAMO tan merecido.