Artigos filtrados por data: Decembro 2019
Sábado, 14 Decembro 2019 12:30

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Punto único: Elección de nova xunta directiva.

Sábado, 14 Decembro 2019 11:30

Asemblea xeral ordinaria

Día 14 de decembro, sábado

Por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado día 11 de novembro, convócase Asemblea Xeral Ordinaria para o día 14 de decembro, sábado ás 11,30 horas en primeira convocatoria e ás 12,00 horas en segunda, no Salón de Actos da Deputación Provincia, Rúa de San Marcos, coa seguinte

 

Venres, 06 Decembro 2019 16:50

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado día 11 de novembro, convócase Asemblea Xeral Ordinaria para o día 14 de decembro, sábado ás 11,30 horas en primeira convocatoria e ás 12,00 horas en segunda, no Salón de Actos da Deputación Provincia, Rúa de San Marcos, coa seguinte

Orde do día
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Informe do presidente.
3. Proposta do plan de actividades a desenvolver no ano 2020 e aprobación se procede
4. Informe económico. Aprobación, se procede, das contas do exercicio 2019.
5. Rogos e preguntas.

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Esgotado o mandato da Xunta Directiva da Asociación, de acordo co artigo 21 dos seus Estatutos e por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado día 11 de novembro, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria para o día 14 de decembro, sábado ás 12,30 horas en primeira convocatoria e ás 13,00 horas en segunda, no Salón de Actos da Deputación Provincia, Rúa de San Marcos, coa seguinte

Orde do día
Punto único: Elección de nova xunta directiva.

De acordo co artigo 13.3 dos Estatutos, as candidaturas, nas cales deberán figurar perfectamente determinados e distribuídos os distintos cargos que a compoñen, a saber, presidenta/e, vicepresidenta/e, secretaria/o, tesoureira/o, e tres vocais, haberán de presentarse ante a Xunta Directiva cunha antelación de 5 días á data de celebración da Asemblea Extraordinaria.

                                                                Lugo, 18 de novembro de 2019

23 de novembro 2019

Dentro do ciclo dedicado ao patrimonio Industrial, e despois da conferencia de Encarna Otero Cepeda sobre “As minas de wolframio e o poboado de Fontao”, cumpría facer a visita ao Museo da Minería e ao poboado para ver a súa interesante arquitectura vinculada co Movemento Moderno.
De camiño paramos en Melide para ver ás 10,30 horas o Museo da Terra de Melide, onde, nunha visita guiada, nos explicaron a orixe do Museo así como a interesante recuperación do que foi hospital de peregrinos de Sancti Spiritus para a súa sé, mostrado en fotografía moi elocuentes do proceso. A planta baixa está dedicada á exposición de pezas de arqueoloxía pesada e a informar ao peregrino sobre as igrexas do Camiño de Santiago no concello. Na planta primeira están as vitrinas que conteñen pezas do paleolítico, mundo castrexo e romano, algunhas moi raras e interesantes, como as rodelas, así como numismática. As dúas plantas seguintes están fundamentalmente dedicadas a etnografía.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea xeral ordinaria +

    Día 14 de decembro, sábado Por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado día 11 de novembro, convócase Asemblea Xeral Ler Máis
  • ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA +

    Punto único: Elección de nova xunta directiva. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO