Imprimir ésta páxina
Mércores, 01 Setembro 2021 18:37

REANUDACIÓN DE ACTIVIDADES

Estimados socios:

Despois de ano e medio sen actividades en Lugo Patrimonio, o próximo día 9 de setembro ímola retomar segundo o Programa que se adxunta, cuxo desenvolvemento estará condicionado sempre ás disposicións sobre protección da saúde que diten as autoridades sanitarias debido á pandemia da Covid-19.  Debido ás restricións derivadas das normas vixentes, os aforos están limitados, tanto para a formación de grupos para as visitas como para asistir ás conferencias que se celebrarán no Salón da Deputación Provincial.

Como só poderán asistir 57 persoas, será necesario apuntarse dous días antes, enviando ao o correo electrónico  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o nome e apelidos, número do D.N.I. e teléfono de contacto, datos que temos que facilitar o día antes da conferencia á Deputación para o control da entrada. Polo tanto para a reserva do asento seguirase a orde de recepción ata  completar o aforo establecido.

Polas mesmas causas non podemos facer as anotacións para as viaxes na Deputación polo que serán no Pazo das Pombas, Rúa do Miño, 9, no día e hora que figura na Programación. Para calquera aclaración dirixirse ao correo electrónico da Asociación ou chamar ao teléfono do presidente, 656 23 63 43. Moitas grazas e un saúdo

A XUNTA DIRECTIVA

Lugo Patrimonio