Imprimir ésta páxina
Martes, 13 Novembro 2018 13:42

Viaxe a Aguilar de Campoo - Palencia

LAS EDADES DEL HOMBRE "Mons Dei"

27-28 de outubro de 2018

Saímos ás 7 horas de Lugo. A primeira visita efectuouse ás 11,30 horas á igrexa románica do mosteiro benedictino de Santa María de Mave construída entre os anos 1200 e 1208. A tesoureira Julia Cantalapiedra deu unha explicación do monumento comezando polo exterior, na cabeceira de tres ábsidas. No interior ten tres naves cubertas con bóveda de canón apuntado. e de influencia borgoñona pola relación co Císter. e na portada. A portada e abucinada mediante arquivoltas, algunha en dente de serra, que apoian sobre capiteis con decoración vexetal.

Pasamos despois a Olleros de Pisuerga para ver a singular igrexa parroquial escavada na rocha arenisca, por ser primitivamente un eremitorio que no exterior conserva sepulcros antropomorfos. Esta situada nunha fermosa paraxe presidida por unha torre exenta como campanario. Recibimos as detalladas explicacións dun guía que nos informou da evolución do templo ata o século XVIII.

Proseguimos viaxe a Aguilar de Campoo, trasladándonos a visitar o mosteiro de Santa María la Real, hoxe un Instituto, pero que se pode visitar unha pequena exposición sobre o románico palentino, a igrexa onde había unha exposición de pintura, o claustro, o refectorio e a sala capitular.

Pola tarde, despois de xantar nun restaurante situado na Praza de España, saímos ás 16 horas para San Andrés de Arroyo, para visitar a Real Abadía Cisterciense de Santa María e San Andrés. Na entrada ao patio hay un rollo e no interior fixemos unha visita guiada comezando pola exposición de obxectos etnográficos, pasando ao claustro con arcos de medio punto sobre columnas pareadas con fermosos capiteis a sala capitular, e a igrexa.

De volta en Aguilar comezamos a visita guiada á exposición Mons Dei de Las Edades del Hombre na igrexa de Santa Cecilia, situada ao pé do castelo, na parte alta, baixando despois á Colegiata de San Miguel, na Plaza de España, onde estaban os capítulos máis interesantes desde o punto de vista artístico.

Durmimos en Palencia e o día 28, fixemos unha visita guiada polo recinto histórico entrando en varias igrexas aproveitando que era domingo e que estaban abertas para o culto. O Museo Arqueolóxico non se puido visitar por estar pechado por obras, e a catedral só polo exterior debido a que os domingos non permiten visitas turísticas. Despois de xantar regresamos a Lugo, cunha boa nevada desde antes de Pedrafita ata O Corgo.