Imprimir ésta páxina
Domingo, 09 Abril 2017 09:55

Javier Raposo Martínez. 4 de abril de 2017

O conferenciante sinalou que a actividade escultórica e retablística durante o s.XVI en Galicia foi moi importante a xuzgar polas abundantes referencias documentais que se conservan nos protocolos notariais. Entre os anos 1580 e 1610 sobrepásanse ampliamente o centenar de contratos, realizados preferentemente para o estamento relixioso, que se refiren case sempre a encargos de retablos e esculturas exentas.
Pese a istes datos tan alentadores a realidade é outra, dado que hoxe a inmensa mayoría deles desapareceron polo deterioro, as reformas litúrxicas post-Conciliares (moitos deles foron desmontados, conservándose só a imaxinería conservada polo propio pobo) e pola chegada dunha nova arquitectura, a Barroca.
Cronolóxicamente, dentro da evolución da escultura renacentista en Galicia p estableceu catro períodos: os de estirpe, aínda “goticista”; a escultura de marcado deseño “plateresco”; a tendencia “manierista” de finais do s.XVI, tamén chamada “Serliana”; e a etapa “Clasicista”, da cal temos máis exemplos conservados, e abrangue os anos 1590 e 1605.
Analizou varios exemplos de cada unha destas etapas no ámbito artístico galego, establecendo comparativas estéticas e formais. Sen deixar de lado aspectos, tan importantes, como son a morfoloxía: materiais (nogueira e castiñeiro), elementos técnicos escultóricos (estucado, dourado), as marcadas funcións litúrxicas-estéticas, xunto á aparición de novos nomes de mestres entalladores tanto foráneos coma galegos.